viernes, 29 de marzo de 2013

O MELLOR XEITO DE APRENDER: COMPARTINDO EXPERIENCIAS, ENSINANDO AOS IGUAIS.

Que bonito xeito de compartir ideas, contidos adquiridos,... MOMENTOS MÁXICOS. Por que non todo ten que ser co lapis e o papel.... Xulgade por vos mesmos.











REPARTO DE FROITA NA ESCOLA.

Como xa sabedes este curso apuntámonos ao proxecto de "Reparto de froita na escola". No noso centro repartirase, entre o alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria, froita nos recreos da primeira semana dos meses de marzo, abril, maio e xuño. Os inicios foron moi positivos. Non só comemos a froita senón que traballamos moitos contidos a partir desta actividade (forma, cor, olor,...da froita. Procedencia, estación do ano na que se recolle, ...) Aquí vos deixamos unhas fotos dos sabrosiiiisimos amorodos que comemos un dos días. UMMMM!!!!







MÁIS EXPERIENCIAS COA AUGA. Nesta ocasión e, aproveitando que estabamos a traballar os medios de transporte, miramos a flotabilidade dos barquiños de papel que fixemos.


Polo San Valentín... contos cheos de amor.

Polo día de San Valentín traballamos con palabras coma amor, cariño, agarimos, bicos,... fixemos uns carteis cheos de amor e lemos o conto "¿Qué es el amor?"


POMPAS DE XABÓN PARA TODOS.

Como xa sabedes este curso o proxecto que se respira no centro é "Auga, fonte de vida". Na aula de infantil fixemos experiencias con auga, entre outras pompas de xabón, pasámolo moi ben, ademais falamos de como saen as pompas, que teñen dentro, ...


Para ver máis fotos pica en "máis información"

APRENDEMOS DENDE A PRÁCTICA

As nosas aulas de infantil son aulas vivas, dinámicas que poñen aos cativos a experimentar e aprender dos resultados, dos erros e dos acertos. Velaí unhas fotos de como experimentamos con obxectos e auga, coñecendo a flotabilidade de certos obxetcos do aula.
Para ver máis fotos pica en "máis información"

martes, 26 de marzo de 2013

miércoles, 13 de marzo de 2013

BENVIDOS AO BLOG DE INFANTIL.

Aínda que un pouco tarde, por fin creamos no blog da Biblioteca do cole un enlace a este blog  de Ed. Infantil. Nel tentaremos mostrarvos aquelas actividades que no día a día da aula facemos, especialmente aquelas máis grupais ou aquelas máis innovadoras. Estade pendentes deste apartado de CATIVADAS porque tentarémolo actualizar o máximo posible.
                                              Desexamos que o blog sexa do voso agrado.

lunes, 11 de marzo de 2013

Obradoiro de cociña creativa

  Ola familias, como xa sabedes o mes pasado fixemos un obradoiro de cociña creativa que foi todo un éxito. Estes días anda polas casas o libro viaxeiro que recolle fotos e comentarios de dita actividade.


   Para aqueles que queiran seguir a facer o obradoiro nas súas casas aquí tedes os libros dos que partimos nós, son moi divertidos.
                      Animádevos!!!