martes, 30 de septiembre de 2014

A poza xa con auga.

Hoxe enchemos a poza de auga e rematamos o camiño coas pedras que mos trouxo a mamá de Eloy, dende aquí agradecerlle o esforzo. En breve teremos ras e peixiños e outros bichiños habitando a poza.

lunes, 29 de septiembre de 2014

Apañando castañas.

Aproveitando o solciño fomos hoxe aos arredores da igrexa a apañar cousiñas típicas do outono coas que logo traballaremos nas aulas: castañas, follas, candeas, landras,...
Logo antes de marchar traballamos a relaxación e o sentido do oido, deitadiños escoitando o piar dos paxaros, o can do veciño,...

viernes, 26 de septiembre de 2014

Nas aulas....

Como sempre poñemos fotos de actividades no corredor,  no exterior,  na aula de plástica,  biblioteca,.... e poucas do traballo na aula,  aquí vos deixamos algunha fotiño de traballos en mesa.

Croac, croac...

Graciñas ás familias,  cada día a nosa poza ten máis ras e fermosas.

Afondando nos ecosistemas.

Como xa sabedes todos os anos traballamos un proxecto que parte da biblioteca, este curso centrámonos nos ecosistemas.
E como a biblioteca é o eixe vertebrador, aquí estamos as dúas aulas de infantil visitando o mural da súa entrada, relacionado cos ecosistemas.

Na biblioteca.

Como xa sabedes contamos no noso centro con unha fermosa biblioteca da que facemos moito uso. Uns días contamos as mestras o conto e outro día o fan os peques.  Aquí vos deixamos unhas fotiños dunha sesión desta semana.

Facendo nubes de outono.

Aínda que o tempo está por momentos de verán,  o certo é que xa é outono e na asamblea xa levamos días falando deso.
Hoxe comezamos a facer unhas nubes de papel e cola de empapelar.
Todos moi ledos fomos ao aula de plástica e alí empapelamos globos. Pasámolo moi ben e fixérono xenial.  Agora están a secar, e daranlle outra man os de primeiro e segundo para logo rematar nos pegándolle recheo de coxín. Xa vos amosaremos que bonitas quedan pendurando do corredor do cole.

Facendo na poza.

Hoxe, aproveitando o bo tempo, fomos a darlle outro pulo á poza. Afondamos un chisco máis e comezamos un caminiño para o que empregamos terra que os peques carretaron cos caldeiriños e tamén as pedras que nos fixéstedes chegar.
Fan falta moitiiiisimas pedras máis,  pero a mamá de Eloy quedou de traer un caldeiro delas e tamén a mamá de Iker de terceiro.
Así, entre todos o traballo é máis doado. Graciñas.

miércoles, 24 de septiembre de 2014

A pala.

Hoxe queremos agradecer ao pai de Olaya de primeiro de primaria que se ofreceu a escavar, coa súa escavadora, para afondar a poza.
Mañá poderemos os de infantil,  e coa axuda dos de primeiro e segundo, seguir a facer a poza.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Unha poza artificial.

Coas primeiras pedras e as primeiras ras que chegaron ao cole estamos a facer unha pucharca artificial onde, os máis cativos meteron tamén insectos.
Según nos mandedes máis ras seguiremos a encher a poza.  Mañá aos de cinco anos tocaralles poñerlle tamén un gran nome á maqueta que entre as dúas aulas andamos a elaborar.

martes, 16 de septiembre de 2014

Traballando na poza.

Como xa saberedes pola nota enviada ás familias, empezamos a facer unha poza no colexio. O traballo é complexo xa que hai moita terra para quitar, por iso o papá de Olaya, unha nena de primeiro, vai a vir coa súa pala e vainos axudar a afondar a poza.