jueves, 16 de octubre de 2014

A ra na poza.

Hoxe a profe Inés tiña unha sorpresa para os cativos. Onte á tardiña foi ao cole e meteu unha ra na poza. A mala sorte foi que, como non parou de chover en todo o día,  non poidemos ir a ver, e coñecer, ao novo habitante da poza, a ra.

Os de tres anos traballando.

Aquí vos deixamos unhas fotiños do día a día dos cativos nas aulas.

lunes, 13 de octubre de 2014

Por recunchos.

Esta semaniña nos recunchos dos maiores.... traballamos a forma ovalada e elementos do outono no recuncho dos artistas. Asociamos cantidades a grafías co emprego do ordenador. Escribimos partes da cara no "recuncho da profe". E facemos grafías das letras con unhos divertidos xogos no recuncho da biblioteca de aula.
Así de ben nos organizamos.

sábado, 11 de octubre de 2014

miércoles, 8 de octubre de 2014

Ecosistemas do contorno.

Hoxe asistimos a unha charla informativa sobre os ecosistemas a cargo dun veciño a zona,  un garda forestal,  Miguel Agulló.
A verdade é que, como era moi ilustrativa, ata os máis cativos atenderon e observaron en fotos a beleza paisaxística que nos rodea, en sitios tan cotiás como Zobra.

viernes, 3 de octubre de 2014

Habitantes da poza de infantil.

A mamá de Alba regalounos un  peixiño e unhas plantas.  O papá de Hugo de segundo trouxo unhas tartarugas. Agora a nosa poza xa ten habitantes. 
As tartarugas voltaron para a casa de Hugo á espera de que o seu pai nos faga un cerre á poza para que non escapen.
Agora, coa auga mineral sobrante do comedor, que ata o momento usabamos para regar, empregarémola para renovar a da poza.

jueves, 2 de octubre de 2014

Facendo pozas e ras nos recunchos.

Esta semana fixemos pozas no recuncho das construccións traballando así o contido da forma redonda.
Tamén fixemos ras de plastilina, no recuncho dos artistas, coa cabeza redonda e coa cor verde.

Outra vez a facer a poza.

Logo de ter a poza chea acordamos valeirala posto que nos daba aos adultos polos xeonllos e reparamos facela menos fonda para que os cativos non corran risgo.
Hoxe o profe Pedro reformounos a poza, agora mide unha cuarta de altura.
A ver se xa lle podemos poñer inquilinos.