Como xa sabedes fixemos o experimento de tinguir flores pero quedounos.... regulín regulán.
Agora por fin conseguimos caraveis recién cortados e con eles e o colorante sen diluir quedounos.... perfecto. En menos de unha hora xa se apreciaba a cor e en tres horas xa estaban moi coloridos. A ver como madrugan mañá.
jueves, 14 de mayo de 2015
De novo tinguindo flores.
martes, 29 de abril de 2014
A tenda ecolóxica.
Nova tarefa do encargado do día.
jueves, 24 de abril de 2014
Salvemos o Érbedo.
No colexio temos un Érbedo que se infestou de pulgón. Como este ano, o proxecto do cole trata da agricultura como medio sostible, comentoúselle a todo o alumnado do centro que podían traer xoaniñas para poñelas no Érbedo e comer os pulgóns.
Satisfeitos do noso traballo cando comprobamos que alumnado de primaria xa sabía do tema por libros que lera nas nosas bibliotecas ( de centro e aulas) e, orgullosos de escoitar da boca do noso alumnado de primaria, cousas como... " é o xeito máis ecolóxico de eliminar a plaga do pulgón".
Así que xa sabedes, podedes aproveitar o fin de semana para dar un paseiño e buscar xoaniñas. O luns estaríamos encantadas de escolarizalas.
miércoles, 9 de abril de 2014
Representándonos.
sábado, 5 de abril de 2014
Manuel Colmeiro.
Na aula dos máis pequenos ademais repasamos os contidos do esquema corporal facendo un " Manuel Colmeiro" da nosa talla.
Aquí deixamos o resultado
sábado, 29 de marzo de 2014
Flores primaverais.
jueves, 27 de marzo de 2014
Toca esperar e observar.
Mural sobre sementes.
domingo, 23 de marzo de 2014
Charla ecolóxica.
Xa é primavera.
Seguimos na tenda.
viernes, 14 de marzo de 2014
Abrimos as portas da nosa tenda ecolóxica.
Os contidos a traballar son moitísimos, dende o saúdo e despedida do cliente á tendeira, mercar productos coherentes co prato a cociñar, por exemplo: unha sandía non se cociña con tomate ( ou non é o habitual), lectura de prezos( traballando números e o símbolo de euro €), manexo de moedas e billetes familiarizándonos con eles, o aforro de bolsas co emprego de bolsas reutilizables, gardar turnos, esperar na caixa a que nos toque, recoller, manter unha orde, sumar e restar (os de cinco anos),...
Pasárono moi ben e, para ser o primeiro día a organización non estivo nada mal.
Agora na semana traballaremos lectoescritura coas receitas que nos fagades chegar e iremos varios días á tenda ecolóxica a mercar segundo a lista da compra que as mestras demos, libremente, segundo unha receita,... O fin de semana, novamente, levarán para a casa productos para traballar coas familias.
viernes, 7 de marzo de 2014
CHEGOU O SOL.
sábado, 22 de febrero de 2014
martes, 18 de febrero de 2014
Expresións faciais.
Cada o día o encargado ten que comentar o seu estado de ánimo. Ata o de agora dicía se estaba triste, contento ou enfadado. Nesta semana ampliamos os estados de ánimo e traballamos máis a linguaxe corporal. Creamos uns monicreques con distintas expresións faciais. O encargado de cada día terá que escoller un, o que el queira, e amosarllo ao resto facéndolles o xesto. O resto dos compañeiros respóstanlle coa mesma expresión.
Traballando a pirámide dos alimentos e a feira do cocido.
Estos son os vosos fillos, da aula de cinco anos, traballando coa pirámide dos alimentos e contidos relacionados coa feira do cocido.
Temos dúas arañas na aula!!!!
Este é un novo material, nada sinxelo, para traballar a motricidade fina. A estas alturas xa somos quen de pegar gomets, insertar bolas, xogar coas pezas do mosaico, ... agora viñeron ao cole dúas arañas, un pouco enrevesadas, ás que os peques terán que quitar as bolas das patas e voltar a poñelas. Para iso deben facer pasar as bolas por un pauciño que terán que xirar e manexar.
O xogo pemite tamén facer seriacións empregando como criterio as cores ( bola verde- vermella- verde-... , por exemplo), xogar coas cantidades ( poñer catro bolas en cada pata, por exemplo),...
Aos nenos/as gustáronlle moito, resultáronlle moi atractivas.
viernes, 14 de febrero de 2014
TITORIAL: "COMO FACER UN OVO FRITIDO"
Con esa mesma expontaneidade queremos compartilo.
Eso sí, o titorial amosa o traballo manual, especialmente de dedos, que require o modelar a plastilina. Eso é moi bo entrenamento especialmente para os cativos que teñen trazo débil e cansan ao escribir, colorear, non dan feito trazo firme, ...
jueves, 13 de febrero de 2014
Seguimos a cociñar coa plasti.
Esta semana cociñamos.... ovos fritidos, UMMM...
Agora xa discriminamolas cores. Pasámolo moi ben.
O traballo coa plastilina ten de fondo un amplo traballo de motricidade fina. Non é tan sinxelo para os cativos o feito de poñela blandiña, estarricala, facer bolas, churros,...
Ademais deste traballo motriz estan contidos como grande-pequeno, groso-delgado, enriba-debaixo, ... contidos que algúns aprendimos coa típica ficha de:" colorea o paxaro máis groso", por exemplo. E obxectivos como coordinación óculo-manual, a imitación dun modelo como base de aprendizaxe, secuenciacción de varias accións para un mesmo obxectivo, o traballo cooperativo, en equipo...