viernes, 24 de junio de 2016

Felices vacacións.

Graciñas a todos os asistentes ao festival de fin de curso. Non saíu todo o ben que desexábamos nin o ben preparadiño que o tiñamos pero...xa se sabe cousas do directo.
Graciñas aos pais pola vosa colaboración ao longo do curso e ás falimias dos de 5 anos por acompañarnos nestes 3 anos.
Gracias por valorar o noso traballo, por seguir o blog e por colaborar e entender os nosos faios.
Non é unha despedida das familias dos que pasan para primaria, posto que seguirémonos a ver, pero si un adios do noso recunchiño infantil. Pero ....como decía a cancións das aves do festival... Os paxariños teñen que deixar o niño.
Desfrutade das vacacións dos cativos. Vémonos en setembro.

martes, 14 de junio de 2016

Despedindo aos peixiños.

Este curso está a rematar. Hoxe tocou despedir aos peixiños da poza que marchan de vacacións á poza dun neno de terceiro. Co novo curso voltarán.

sábado, 4 de junio de 2016

Xogando ao aire libre.

Co cambio de horario estamos a facer un pequeno recreo de 15 minutiños, a maiores do recreo oficial. Neste intre imos a un lugar fermoso que ten o noso cole, a parte de atrás do pavillón. Alí hai moitas árbores froiteiras que andamos a observar, unha pequena horta que sementan os de quinto e sexto, e moito campo á sombra onde compartir momentos. É un sitio que aos peques gústalle e no que algún, ata aproveitou para durmir un chisco debaixo dunha árbore nun día de calor, jjj