miércoles, 27 de enero de 2016

Recunchos con porquiños.

Co gallo da feira do cocido esta semana.... Os recunchos cheos de porquiños. Nas construccións facemos cerrados cadrados e triangulares para uns porquiños de xoguete. Na cociña chourizos e rosquillas de plasti. Nas matemáticas facendo manchiñas aos porquiños e nos artistas.... Pork art

lunes, 25 de enero de 2016

A mellor foto.

Faltoume achegar unha foto onde se ve aos cativos agochados dos cacharelos. Moita cara de susto non teñen jjjj.

E viñeron os Cacharelos.

Logo da ansia de esperar... Chegaron ao cole os Cacharelos, co seu ruído das chocas e os toxos nas mans, co seu traxe que asemella o lume das cacharelas e a súa careta inspirada nun debuxo de Laxeiro do entroido.
Moitos foron os que desfrutaron e uns poucos os que choraron ou se agocharon baixo as mesas. Pero como decía un dos cacharelos... Cando o medo non conleva perigo.... Un pouquiño ata gusta ter medo!!!

Gañadores do concurso.

Hoxe recibimos a noticia de que fomos gañadores do concurso : cartas ao apalpador. Sentímonos moi orgullosos do noso traballo. O premio material uns crebacabezas de castañas, unha corda de saltar e un xogo do Xabarín clube. O mellor premio a cara de satisfacción e inxenuidade dos cativos

sábado, 16 de enero de 2016

Recantos.

De novo un intre do día adicado aos recantos. Este trimestre insistiremos nos crebacabezas, debuxos e plastilina.

Tardes dos venres.

Este trimestre mudamos de actividade os venres pola tarde. Deixamos os talleres artísticos para adicar, esa horiña, ao manexo da pizarra dixital, con contidos relacionados co centro de interés que esteamos a traballar.

viernes, 15 de enero de 2016

A rúa.

Estes días enviaremos ás casas a folla informativa dos contidos a traballar este mes e parte do que ven.
Adiantámosvos que estamos coa rúa ( xa que en decembro non nos deu tempo). Temos intención de traballar tamén a familia, a feira do cocido, o día da Paz e o entroido.
Deixámosvos algún traballiño de estes días.

martes, 12 de enero de 2016