miércoles, 7 de mayo de 2014
As xoaniñas.
miércoles, 30 de abril de 2014
Tarde de horta.
Logo traballamos na nosa hortiña. O outro día arrincamos os rabos que na Semana Santa espigaron. Hoxe mondamos a horta e preparamos o terreo para o luns sementar cenouras.
viernes, 25 de abril de 2014
CALENDARIO DE SEMENTES.
jueves, 24 de abril de 2014
Salvemos o Érbedo.
No colexio temos un Érbedo que se infestou de pulgón. Como este ano, o proxecto do cole trata da agricultura como medio sostible, comentoúselle a todo o alumnado do centro que podían traer xoaniñas para poñelas no Érbedo e comer os pulgóns.
Satisfeitos do noso traballo cando comprobamos que alumnado de primaria xa sabía do tema por libros que lera nas nosas bibliotecas ( de centro e aulas) e, orgullosos de escoitar da boca do noso alumnado de primaria, cousas como... " é o xeito máis ecolóxico de eliminar a plaga do pulgón".
Así que xa sabedes, podedes aproveitar o fin de semana para dar un paseiño e buscar xoaniñas. O luns estaríamos encantadas de escolarizalas.
lunes, 31 de marzo de 2014
jueves, 27 de marzo de 2014
Toca esperar e observar.
Mural sobre sementes.
domingo, 23 de marzo de 2014
Traballando na horta.
Charla ecolóxica.
Xa é primavera.
Seguimos na tenda.
domingo, 16 de marzo de 2014
FERRAMENTAS PARA TRABALLAR NAS NOSAS HORTAS.
sábado, 22 de febrero de 2014
lunes, 27 de enero de 2014
Trasplantando as cebolas.
Aproveitamos para dar as grazas a nai de Alba de 4 anos polas escarolas, xa forman parte da nosa horta.
martes, 3 de diciembre de 2013
Xía na horta de infantil!!!
A nosa horta polas mañás esta xiada ou como dixo algún neno " a horta ten neve" . Como temos que coidar as nosas hortalizas, logo de explicarlle aos nenos o dano da xiada na horta tapámola cunha " manta " xa propia para protexer da xiada. Así fixemos e así quedou. E así de ben o pasaron os miudos xogando a agocharse baixo a manta e facendo que eran un tren de pantasmas :-)
jueves, 28 de noviembre de 2013
Traballando o hórreo.
Este mes estivemos traballando a casa e a familia e, para axeitalo ao proxecto deste ano, centrámonos na casa de aldea, nos hórreos e nos muíños. Cada aula, logo da visita ao hórreo que nos amosou o avó de Anxo, fixemos un mural no que ademais sinalamos as partes que vemos na clase ( en funcion de cada idade). Así nos quedou.
lunes, 25 de noviembre de 2013
Xa rematamos unha casa de paxaros.
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos rematamos xa a nosa casa de paxaros, enchémola de algodón e colocámola no xardín do cole, preto da horta. Para facela empregamos unha caixa de madeira dunha botella de viño e algo de imaxinación. Os de cinco xa logo rematan a súa. Mentres tanto deixámosvos fotos da primeira.
Agora.... a esperar aos paxaros.
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Casualidade.
Cando estivemos debullando, algún gran de millo caeu nun sementeiro que tiñamos con terra na aula. Por outro lado cando apañamos noces no patio unhas poucas quedaron nun caldeiriño na clase.
Pois.... casualmente fixámonos e do gran de millo naceu unha plantiña e da noz a raíz do que será a árbore. Aproveitamos para estudiar as partes dunha planta.
Plantamos no baño.
Esta semana puxemos platamos plantiñas no baño. Agora temos que coidalas e respectalas, non regar moito, non encher de xabón, non tocalas nin tiralas,.... A sensación de hixiene que crean, o respecto polas cousas, a estética, orde, ....
Levamos tres días con elas e o resultado é moi bo.