Mostrando entradas con la etiqueta SOMOS DIFERENTES SOMOS IGUAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOMOS DIFERENTES SOMOS IGUAIS. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de mayo de 2018

Tolerancia, respecto, igualdade,...

Como tódolos anos, e este máis que nunca, polo noso proxecto...traballamos a tolerancia, respecto, igualdade,....fronte aos colectivos gays, a homosexualidade,...lembramos que este fin de semana é o " Cocido do orgullo"

lunes, 16 de abril de 2018

Arcoiris de animales.

Cada dous días os peques escollen, coa axudarse dos robots, un conto para traballar. O "arcoiris de animales" foi sen dúbida todo un éxito. Agora a traballar animais e facer mural de arco da vella.

viernes, 2 de febrero de 2018

A pasada semana fixemos un novo experimento que chamamos "CORES FUGACES", con leite, colorante alimentario e xabón. Como podedes ver consiste en poñer o leite con varias pingas de colorante e tocar nestas cun bastonciño mollado en xabón lavalouxas, sabedes que pasa? as cores escapan ao borde do prato. Probade a facelo na casa de novo!

martes, 30 de enero de 2018

Cierra los ojos.

Segundo libro para traballar o proxecto deste ano. Aìnda que está enfocado a traballar a metáfora, nos dámoslle un xiro e acoplámolo á cegueira.
Con música de relaxación traballamos a portada, que nos serviu tamén para repasar as cores e enlazalo co libro primeiro " el libro negro de los colores"

viernes, 19 de enero de 2018

Traballando a reo.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños de traballos da semana. Seguimos co libro das cores e a súa escritura en braille.

martes, 16 de enero de 2018

Máis actividades co sentido da vista

Seguimos co libro negro das cores, aquí vos deixamos algunha actividade na que combinamos o sentido da vista, as cores, co sentido do tacto ou gusto, poñéndonos na pel dunha persoa invidente.

sábado, 13 de enero de 2018

O sentido do tacto, ....

Co libro negro das cores, estamos a experimentar os sentidos do olfato e tacto, principalmente, hoxe tocou o tacto, ler cos dedos, sentir a cor amarela suave coma unha pluma,...

jueves, 11 de enero de 2018

O libro negro das cores

Xa estamos no segundo trimestre, así que voltamos a rutina. Comezamos co conto "El libro negro de colores", para traballar a discapacidade visual, polo que partindo do conto experimentamos cos sentidos, ulimos, tocamos e saboreamos...

viernes, 1 de diciembre de 2017

viernes, 20 de octubre de 2017

A vista e o gusto.

A semana pasada traballamos os ollos e o sentido da vista, e esta, estamos co gusto, a boca e a hixiene bucal. Aquí quedan traballiños das dúas aulas relacionados con estes contidos.