viernes, 26 de febrero de 2016

Repaso.

Entre outras moitas ... Estas seguen a ser actividades que todos os días o encargado da aula ten que facer. Todas conlevan un xogo. Tirar un dado, escoller o número de nenos que pon o dado e preguntarlle, o encargado a cada neno escollido, a letra sinalada. Completar con bolas os platos numéricos. Ergerse as nenas, contalas e poñer o numeral, logo o mesmo cos nenos, facer a suma. Asinar no panel de sinaturas,...

miércoles, 24 de febrero de 2016

Día de Rosalía.

Hoxe foi o día de Rosalía de Castro e no seu nome ademais de escoitar nos recreos e nas aulas cancións dos seus versos fixemos un traballiño.

Iniciándonos na arte.

Co día dos namorados entrou na aula unha obra de arte " el beso" de Gustav Klim. Partindo desto imos a iniciar un proxectiño sobre a arte no que trataremos de traballar principalmente a observación, a expresión, a opinión, o gusto, diferentes técnicas plásticas, as cores,...
Aquí queda o primeiro traballiño cos pequechos de 3 anos descubrindo as acuarelas

martes, 23 de febrero de 2016

Abecedario.

Estamos a crear nas aulas de infantil uns abecedarios nos que asociamos as letras ás iniciais de marcas coñecidas de alimentos , productos de limpeza... Deste xeito ata os máis peques seguramente vaian ao super e vos lean as marcas dalgún producto e sepan a letra pola que empeza. Ademais asocian as grafías a un fin, entenden que un conxunto de letras serve, neste caso, para nomear un determinado producto, interésanse por observar e preguntar por novos nomes, novas grafías, anímanse á lectura véndose capaces de ler....

Sobre a casa e a familia...

Semáforo par o aseo.

Como os se 3 anos xa medraron moito... Haberá que empezar a ir ao aseo para o que realmente é, e non a xogar. Estando xa no momento de entender ben as normas do aula ... Puxemos un semáforo para tentar conseguir saber cando se pode ir ao aseo ( cando está libre) e cando esperar a que chegue o compañeiro.

miércoles, 17 de febrero de 2016

Recanto de matemáticas. A máquina de sumar.

O recanto das matemáticas segue a ser un dos máis atractivos para os peques. Esta semana asociar cantidade á grafía e próximamente contarán no recanto coa máquina de sumar que poderán manipular libremente, os de 3 e 4 anos para asociar grafía cantidade e concepto de xuntar e os de 5 ademais para realizar sumas.

A casa e a familia.

Recunchiños relacionados coa casa e a familia.

jueves, 4 de febrero de 2016

Facendo rosquillas de Entroido.

Hoxe fixemos rosquillas de Entroido, ummmm que ricas e que ben o pasamos. Un dos contidos esenciais traballados, a hixiene para manipular alimentos así como vocabulario, forma redonda, tradicións,....