viernes, 27 de marzo de 2015

jueves, 19 de marzo de 2015

Chega a primavera.

Este fin de semana chega a primavera.  Nas aulas de infantil estamos preparándonos para recibila, creamos recunchiños relacionados con esta estación e mudaremos os copos de neve que penduran do teito por flores.

Pintor..... ti que pintas con amor...

Seguimos a traballar a arte. Aquí nos tedes facendo unha obra astracta e un cuadro sobre o conto "10 gallinas"
Tamén pintamos tubos de cartón para facer flores de primavera.

miércoles, 4 de marzo de 2015

Aula de artistas.

No que queda de trimestre imos traballar a arte no seu amplo sentido. Arte musical, pintores, escultores, algo de historia da arte, ....
Aquí vos deixamos uns traballiños sobre o conto "Moncho e a mancha" e o descubrimento das acuarelas.

Títeres en Lalín.

Onte fomos a Lalín a unha sesión de títeres muy bonita sobre a obra Pedro e o lobo. A  historia ía parella á preciosa música de Sergéi Prokófiev.