martes, 30 de enero de 2018

Día da Paz

Pola maná ao cine a aprender de Ferdinand e, pola tarde, carreira solidaria a favor do Sáhara.

Preparando a exposición

Estamos preparando unha exposición sensorial relacionada co proxecto e, concretamente,  coas discapacidades sensoriais e os libros traballamos na aula.

Cierra los ojos.

Segundo libro para traballar o proxecto deste ano. Aìnda que está enfocado a traballar a metáfora, nos dámoslle un xiro e acoplámolo á cegueira.
Con música de relaxación traballamos a portada, que nos serviu tamén para repasar as cores e enlazalo co libro primeiro " el libro negro de los colores"

jueves, 25 de enero de 2018

Xa temos chan

Gracias a Nica, o noso super conserxa....xa temos a tarima no chan nas dúas aulas de infantil. Agora máis limpo, quentiño e insonoriza algo.

viernes, 19 de enero de 2018

Estreando....

Gracias ao noso conserxe Nica que xa rematou de poñer a tarima nunha aula de infantil, para a semana estreamos a outra.
E,... para celebralo, do que aprendimos este luns no curso de formación de robótica ao que acudimos, estreamos chan quentiño e taboleiro de robótica para compoñer, programar, plantexar, resolver, orientarnos espacialmente, aprender do ensaio erro, respectar turnos,... e tamén, neste taboleiro en concreto...cores e figuras.

Traballando a reo.

Aquí vos deixamos algunhas fotiños de traballos da semana. Seguimos co libro das cores e a súa escritura en braille.

martes, 16 de enero de 2018

Máis actividades co sentido da vista

Seguimos co libro negro das cores, aquí vos deixamos algunha actividade na que combinamos o sentido da vista, as cores, co sentido do tacto ou gusto, poñéndonos na pel dunha persoa invidente.

sábado, 13 de enero de 2018

O sentido do tacto, ....

Co libro negro das cores, estamos a experimentar os sentidos do olfato e tacto, principalmente, hoxe tocou o tacto, ler cos dedos, sentir a cor amarela suave coma unha pluma,...

jueves, 11 de enero de 2018

Xogamos cos números

Hoxe en gran grupo xogamos de forma organizada. Lanzamos o dado, buscamos o número e collemos o número de pezas correspondente e con elas facemos unha torre, e logo a inversa, collemos torres, contamos e colocamos no número correspondente.

O libro negro das cores

Xa estamos no segundo trimestre, así que voltamos a rutina. Comezamos co conto "El libro negro de colores", para traballar a discapacidade visual, polo que partindo do conto experimentamos cos sentidos, ulimos, tocamos e saboreamos...