Mostrando entradas con la etiqueta RECUNCHOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECUNCHOS. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de mayo de 2018

Traballo por zonas.

Palabras na mesa de luz, acuarelas (debuxo libre) mesa de auga conteo de corchos, cobstruccions e perruquería... Son algúns dos traballos por recantos de estés días

miércoles, 2 de mayo de 2018

Roteiro de actividades

Tres propostas para os pequechos na mesma mesa.
Manter a orde, esperar cambio de posto, compartir, ... Ademais de contidos matemáticos, de lectoescritura, coñecemento do medio,..

sábado, 7 de abril de 2018

Novos recantos de xogo simbólico.

Nunha aula montamos un salón de beleza, con mans de cartolina para pintar as uñas, coas xoias que enviástedes as familias, con pinturas,... Na outra aula, o noso superconserxe fixo un fermoso banco de traballo.

jueves, 8 de marzo de 2018

Nas zonas de traballo

Esta semana comezamos a xogar nas novas zonas de traballo. Na mesa de luz calcamos letras e escribimos palabras que comecen polas mesmas, na plástica fotocopiamos a nosa man e facemos diferentes grafismos e na biblioteca facemos un xogo fonético. Tamén xogamos coas bandexas, construccións e representamos nun debuxo o que fixemos.
Aquí deixamos mostra fotográfica

miércoles, 21 de febrero de 2018

Traballo de forma autónoma

Esta semana temos novas zonas de traballo e xogo, esta vez por parellas, así estamos máis relaxados e centrados.
Así funcionan, así nos organizamos, así traballamos.


miércoles, 7 de febrero de 2018

Traballando en equipo.

Semanalmente formamos equipos de traballo nos recantos da aula. Neles, ademais de facer as tarefas oportunas, teñen que representar en papel o seu traballo e axudarse entre sí.

viernes, 26 de enero de 2018

jueves, 9 de noviembre de 2017

Por parellas

Hoxe pola tarde fixemos varias actividades por parellas, un pouco en cada  unha. Pintamos co pincel coa boca,  xogamos coa caixa dos monstruos e coa fàbrica de palabras.

martes, 17 de octubre de 2017

Curso 17/18

Benvidos ao noso e voso blog, onde a partir de hoxe colgaremos imaxes e comentarios do día a día das nosas aulas de infantil.
Tardamos moito en publicar por estar a  espera das autorizacións de imaxe, pero agora si, deixámosvos unha ampla tira de algúns momentiños dos cativ@s na escola.
Podedes ver como estamos xa inmersos no proxecto deste curso,en concreto co corpo humán e máis concreto coa cara.
Tamén amosamos momentiños de bandexas Montessori que supoñen moita organización e supervisión para obter o resultado que buscamos delas.
Estrenamos nas dúas aulas unhas fermosas mesas de luz que nos fixo o noso magnífico conserxe Nica.
Traballamos contidos de outono a partir da observación, manipulación,...
Fixemos actividades na biblioteca do cole.
Mostramos tempos libres de lecer na aula, onde uns prefiren crear cos tacos de madeira, outros ler e outros xogar aos médicos, por exemplo.
E tamén podedes ver algunha actividade de matemáticas Abn de conteo, recta numérica,....así como actividades de lectoescritura.
Esta entrada é moi ampla e remexida, estade atentos que as próximas son xa concretiñas.

martes, 29 de abril de 2014

Os de cinco anos " recuncheando"

Aquí están os de cinco anos xa de novo mans á obra.
Na biblioteca de aula con poemiñas para traballar a rima. Coas novas tecnoloxías, ordenador e tablet  contos e xogos de letras e crebacabezas.

A tenda ecolóxica.

Como xa sabedes tivemos unha tendiña ecolóxica no corredor do cole. Alí acudimos varias veces para traballar contidos, que no seu día explicamos. Agora a tenda dividiuse entre as dúas aulas de infantil. Na de tres e catro a aceptación foi moi boa. Así xogaban os peques nos momentos libres de xogo simbólico.