viernes, 24 de febrero de 2017

Entroidada.

Como xa vos contamos e, seguindo co proxecto de turismo, este trimestre estamos de festa en festa, de momento estivemos traballando o cocido de Lalín e o entroido en Laza. Aquí o cume desde entroido.

martes, 21 de febrero de 2017

Máis actividades matemáticas

Hoxe fixemos algún cambio na asamblea respecto a actividades de contar cara adiante e cara atrás.  Ademais seguimos coa de contar con paus cantos nenos hai cantas nenas e sumar o total.
Temos tamén na asamblea un cohete que vai baixando con unha goma elástica según contamos cara atrás. Ao rematar, no número un, soltamos e despega.

jueves, 16 de febrero de 2017

Actividades coa recta numérica.

Aquí queda algunha actividade coa recta numérica feita na clase.

Diferentes intereses.

Distintos intereses cando a profe deixa libremente "escoller que facer"
Uns van para mamás, outros para arquitectos, hainos artistas e hai quen imagina historias en familia na casiña. A verdade moi tranquilos en solitario ou en grupo.

Ordeando cartas.

Aquí nos tedes xogando coas mates. Agora mesmo xa estamos en disposición de colocar cartas seguindo a recta numérica, contando cantidades, fixándonos no anterior e posterior....o que aínda non logramos é repartir as mesmas cartas para cada membro do grupo, pero daremos 💪

martes, 14 de febrero de 2017