viernes, 19 de junio de 2015

viernes, 12 de junio de 2015

Contos na casiña da árbore.

Saída cultural.

Hoxe estivemos na casa de Anxo Moure, a pesar de que o sol non nos acompañou, gozamos dunha xornada chea de aventuras, contos, talleres,...
Deste xeito.... vestimos a un espantallo, fixemos obras de arte con obxectos da natureza, acudimos a unha sesión de cine nunha palleira, vimos títeres, e o que todos estabamos esperando... subimos á casa da árbore a escoitar contos solidarios.
Como todos os anos a final de curso, compartimos a xornada cos nenos e nenas da escola de Donramiro.

martes, 9 de junio de 2015

Reciclando e construindo.

Co material de refugallo que nos enviástedes queríamos facer unha  "escultura Willy" pero non fomos  capaces, de ahí que non todo o mundo é artista ou dotado de arte.
Collimos pois outro camiño e fixemos algo moi útil, unha papeleira con botellas e cartón reciclado ( que xunto con outros traballiños do cole será exposto nas rúas de Lalín este fin de semana)
Logo fixemos repaso de onde tirar o lixo.