miércoles, 29 de marzo de 2017

Gustav Klim

Este ano voltamos a traballar ao artista Gustav Klim, pero neste caso o que imos é a fixarnos nas flores que emprega nas súas obras tanto para ornamentar a mulleres como para pintar campos, prantas.... unhas flores un tanto peculiares redondas e coloridas.

Os de tres e as mates.

Aquí vedes os peques manipulando máis material que asocia cantidades e grafías.

viernes, 24 de marzo de 2017

Motricidade e coordinación.

Aquí estamos traballando motricidade fina e coordinación óculo-manual.

O nome.

Os peques seguen a traballar co nome dándose conta de que teñen letras, e de que non todos os nomes teñen o mesmo número de letras. Esto xa o sabíamos de xeito cualitativo e, agora que sabemos contar e empezamos a ordear por cantidades ... traballamos o nome de xeito cuantitativo.

Os maios.

Xa temos o estandarte para o maio e andamos coa recollida de información.

Cuadrante matemático.

Estamos xa cos amigos do 10 (decenas) e cos números ata o 100

Novas bandexas.

Agora bandexas máis complexas. Creamos bandexas de maior complexidade nas que na maioría  se require de ter xa uns contidos adquiridos ( cores, números, posicións espaciais,  cantidades,....) outras conlevan máis de unha acción consecutiva e/ou complementaria e outras, como a de pesar ( volumen-masa)ou a de o espello, requiren de certo exercicio de lóxica e de ensaio - erro.