Ainda que onte foi o festival que clausura o curso, hoxe andivemos de festa outra vez. Comimos pizza e xeados, bailamos,... A pena foi que a herba estaba mollada e tivemos que facelo noutro lugar
viernes, 21 de junio de 2013
martes, 18 de junio de 2013
Os de cinco nos deixan.
Os meus nenos e nenas de cinco anos, que moitos xa teñen 6, abandonan infantil. Que maiores están!!!! Deixo as fotos fin de etapa con toga e birrete. O que desexe pode descargala para imprimir as copias que precise.
viernes, 14 de junio de 2013
Na piscifactoria.
Para pechar o proxecto sobre a auga fomos de visita á piscifactoria do Carballiño e vimos o río Arenteiro.
Compartimos o día cos nenos e nenas da escola de Donramiro facendo novos amiguiños.
Aquí deixo algunhas fotos, as que din quitado co meu móbil, que ninguién se enfade se non sae o seu fillo, estoume iniciando nesto. No cd de fin de curso procuraremos que estean todos :)
lunes, 10 de junio de 2013
Clasificamos
Durante todo o curso o alumnado de tres anos adicou unha sesión semanal a clasificar diversos obxectos, pegatinas, gresite de cores, pezas de lego,... aqui deixo algunha fotp desta actividade.
Aprendendo co tangram.
O alumnado de cinco anos elaborou o seu propio tangram co que poideron xogar, aprender moitos contidos matemáticos e deixar voar a imaxinación.
Pranando patacas.
Na cociña da nosa clase moitas veces traballamos a motrocidade fina tendendo roupa das bonecas, partindo e batendo ovos, facendo tortas, amasando,... e neste caso pranando patacas e cortándoas en dados (cadrados para os de tres anos).
De visita por Carboeiro
O mosteiro de Carboeiro esta cheo de misterios, grabados e debuxos nas paredes, tumbas, criptas,... alá fomos os de cinco a coñecelos.