Hoxe fixemos fotos dos nenos e nenas de bruxa piruxa, metendo a cabeza nunha fermosa silueta que fixo a profe Silvia. Na vindeira semana esperamos mandar ás casas a foto de cada neno impresa.
miércoles, 30 de octubre de 2013
Bruxa piruxa.
martes, 29 de octubre de 2013
Samaín.
Como xa sabedes o xoves non hai escola. Sería interesante que cos vosos fillos disfrutárades estes catro días festivos vendo o blog e incluso facendo nas casas actividades das que se amosan.
Vémonos o luns día 4 de novembro.
Cociñando doces de Samaín.
Estes días estivemos a facer doces de Samaín, concretamente arañas de galletas e os de cinco tamén fixeron xelatina en forma de cabazas.
Pasámolo moi ben, puxémonos "as botas" a comer nocilla. Falamos da importancia de comer san,...
Moitos pais poidéstedes ver e saborear estes doces na casa.
Para aqueles que xa os comeron na clase deixámosvos a mostra en imaxe, aínda que algunhas fotos sairon algo borrosas xa que a nocilla chegou ao obxectivo da cámara.
Máis momentos nos recunchos.
Estas son as actividades que, por recunchos, realizamos na aula esta semana. Sempre temos presente os centros de interese que estamos a traballar e o proxecto da agricultura. Nestas imaxes podedes ver aos vosos fillos peneirando fariña e millo co cribo e a peneira, pescando noces e pébedas das cabazas, estampando palabras relacionadas co Samaín, con tampóns de letras, facendo puzzles de encaixe ou manexando o ordenador.
viernes, 25 de octubre de 2013
Sementando ravos!!!
Que ben o pasamos hoxe e canto aprendimos sobre os ravos. Primeiro cada clase investigou,nun libro sobre agricultura para nenos, como sementar ravos, lemos e falamos sobre como e canto regalos, como facer que sexan máis picantes, como é a súa folla, o froito e, o que máis nos gustou, os bichiños que comen os ravos e estropéanos a colleita.
Logo sementamos tres sementes cada neno e nena nos seus vasiños, que por certo, as familias decorástedelos moi bonitos.
Agora témolos nun lugar moi visible da clase para coidalos e velos medrar.
jueves, 24 de octubre de 2013
Mans å obra!!!
Esta semana nos recunchos traballamos arreo! Na casiña baleiramos as cabazas para o Samaín, na expresión plástica estamos facendo unhas árbores de outono moi bonitas.
Non esquecemos a lectoescritura, pois seguimos a escribir palabras relacionadas coa horta, o outono,...
Aquí deixamos fotiños do noso día a día.
miércoles, 23 de octubre de 2013
martes, 22 de octubre de 2013
viernes, 18 de octubre de 2013
Outro espantallo para a horta.
Na clase de infantil de cinco anos xa remataron o seu espantallo. Foi creado con moita motivación e imaxinación entre todos. Agora, cando deixe de chover, poñerémolo na horta.
Sesión na biblioteca.
A sesión de animación á lectura, que todos os venres temos, hoxe fixémola na antesala da biblioteca traballando co taboleiro da mesma que recolle fotos e nomes de apeiros de traballo relacionados coa agricultura e de hortalizas. Os obxectivos: atención, observación, relación de contidos, vocabulario, ...
Bandexas sensoriomotrices.
Estes días pasados puxemos unha entrada sobre o traballo que realizamos e realizaremos na aula con unhas bandexas sensoriomotrices de creación propia. Esta entrada borrouse por erro de ahí que poñamos novamente as fotos para os que non as poidéstedes ver. Lembramos que en futuros traballos coas bandexas empregaremos mandilón para acabar menos sucios que desta vez.
miércoles, 16 de octubre de 2013
Os de cinco anos nos recunchos.
Un día máis na clase de cinco anos traballamos por recunchos, isto encántanos!! Na casiña, nas construcións, na biblioteca da aula, no recuncho artístico, que ben o pasamos. Deste xeito buscamos favorecer o desenvolvemento da autonomía, que os nenos se autodirixan e sobre todo que compartan, xoguen, ... en pequenos grupos. Deixamos unhas fotiños como mostra.
Ordeando cabazas.
Gracias ás familias por enviarnos cabazas ao cole. Nos talleres dos venres empezaremos a valeiralas para preparalas para o Samaín. Mentres tanto manipulámolas, observámolas, falamos do que terán dentro, cheirámolas,... e hoxe ordeámolas.
Os de 3 e 4 anos ordeamos de maior a menor ata cinco cabazas e o alummado de 5 anos ata doce.
Estes días iremos polo corredor contando de un a doce e repetindo a serie amarelo- verde.
martes, 15 de octubre de 2013
Máis momentos de traballo por recunchos. Traballo compartido.
Aquí vos deixamos máis fotos de traballo por recunchos. Mentres uns fan puzzles relacionados co corpo outros traballan na cociña da aula co millo nun exercicio de motricidade fina, coordinación óculo manual e precisión. Ao mesmo tempo varios nenos e nenas comparten contidos no ordenador e outros traballan na biblioteca da aula coas letras móbiles e palabras relacionadas co millo.
Por último deixamos unha simpática foto de dous alumnos poñendo bigotes, pola súa conta, para que vexades canto deu de sí o millo.
viernes, 11 de octubre de 2013
Debullando no millo!!!
Hoxe nas dúas aulas de infantil estivemos a debullar no millo. Iste é un exercicio de motricidade fina moi bo. Ademais traballamos contidos relacionados coa agricultura e vocabulario como escarochar, debullar, espiga raíña..
O alumnado de cinco anos tamén pesaron na balanza os grans de millo.
Na vindeira semana seguiremos con estas tarefas e algunha máis, faremos o xogo de raíña, poñeremos bigotes coas barbas do millo, poñeremos ao espantallo as mans e pes de folla de millo, daremos de comer ao polo Pepe ...