jueves, 19 de diciembre de 2013

Panxoliñas.

Mañá bailaremos e cantaremos panxoliñas os de infantil. Os maiores unha en galego e moderna. Os pequechos un clásico e en castelá.
Hoxe xa grabamos as actuacións. Mañá esperamos colgalas no blog, non é sinxelo polo " peso" dos videos pero... lograrémolo.
O video dos de tres e catro.... fíxemos o que poidemos!!!!. Logo de grabar varias veces,  un que se cae, outros que  estiveron enfermos e ensaiaron pouco, outro que estaba enfadado, varios que non cantan, ... difícil tarefa jjjjj.

viernes, 13 de diciembre de 2013

Caldeiro da limpeza.

Co xaleo de purpurina, pegameto e algodón que estes días temos nas aulas creamos "OS CALDEIROS DA LIMPEZA". Temos un en cada aula e con eles o encargado do día terá que recoller e adecentar as mesas. Trátase de educar en valores e fomentar a orde e a limpeza. Estes caldeiros estarán presentes todo o ano no cole.

jueves, 12 de diciembre de 2013

O libro das cores da horta chegou a miña casa.

Hoxe tocou na casa de Cristina o libro creado na súa aula ( ver entrada do blog antiga) Ainda que eu xa o coñecía e tivera un seguimento do seu desenrolo a verdade é que,  agora que os meus fillos o puxeron na práctica, encantoume. Parabens á mestra e ao alumnado.

SEGUIMOS NO OUTONO.

Ainda que no interior do cole a decoración de Nadal fai que pareza que é inverno, na realidade estamos en outono e hoxe lembrámosllo aos cativos na xornada de lecer no patio, mentras se repasaban contidos do outono nunha sesión moi sensorial xa que acariciamos, cheiramos, estruxamos, ...

Chegan os recantiños de Nadal.

Deixámosvos as fotos dos recunchiños de Nadal da aula de cinco anos. Con aires de festa seguimos a traballar  unha morea de contidos de xeito conxunto, lúdico e con moi bos resultados.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

martes, 10 de diciembre de 2013

Direccionalidade da lectura.

Este mes afondamos máis na direccionalidade da lectura. Creamos na pizarra un panel de imaxes, que imos variando e, coa axuda de Toc Toc, un paxaro ao que lle gusta moito ler, poñemos nome ás imaxes seguindo sempre a direccionalidade propia da lectura: de arriba a abaixo e de esquerda a dereita. É dicir, lemos de xeito autónomo.
Esta mesma direccionalidade é a que pouco a pouco e, paralelamente a este exercicio, vaise a empregar  cando escribamos, repasemos grafías, ...

jueves, 5 de diciembre de 2013

Recunchiños de Nadal.

Como o resto do ano seguimos a traballar por recunchos. Nestas datas os nosos recantos toman aires de Nadal e inverno.

martes, 3 de diciembre de 2013

Xía na horta de infantil!!!

A nosa horta polas mañás esta xiada ou como dixo algún neno " a horta ten neve" . Como temos que coidar as nosas hortalizas, logo de explicarlle aos nenos o dano da xiada na horta tapámola cunha " manta " xa propia para protexer da xiada.  Así fixemos e así quedou. E así de ben o pasaron os miudos xogando a agocharse baixo a manta e facendo que eran un tren de pantasmas :-)

Por iniciativa propia

Aquí vos deixamos a María e Rubén que, por iniciatica propia, puxéronse a tender a roupa na corda onde a profe colga as fichas de pintura. Parecían o perfecto matrimonio, María dáballe a roupa e Rubén colgaba. Tanto nos gustou ás mestras que dende agora queda inagurado o tentedeiro do aula no recuncho da cociña, e na aula de tres e catro anos faremos outro, un moi bo exercicio de motricidade fina.Si é que os ricóns... dan moito de si e a imaxinación e o xogo simbólico dos peques Nin vos contamos.

lunes, 2 de diciembre de 2013

A familia e o Nadal.

Este é o fermoso recunchiño das familias do alumnado de cinco anos que estivo presente na aula durante o mes de novembro. O certo é que os papás e mamás colaboraron moito e os nenos e nenas sentíronse moi orgullosos e motivados amosando á sua familia e aclarando os parentescos.
Agora os murais das familias decorarán o corredor de infantil xunto cos dos nenos de tres anos. Pero seguiremos a telos presentes xa que, o próximo centro de interese, o Nadal, está moi relacionado coa familia.
Novamente graciñas por colaborar.