miércoles, 30 de abril de 2014

Tarde de horta.

Hoxe a tarde estivemos visitando as hortas de primaria e as árbores do cole.
Logo traballamos na nosa hortiña. O outro día arrincamos os rabos que na Semana Santa espigaron. Hoxe mondamos a horta e preparamos o terreo para o luns sementar cenouras.

Biblioteca de aula.

Na aula de tres e catro anos fixemos algúns cambios na nosa biblioteca de aula. Así de bonita nos quedou e así de ben a empregamos.

martes, 29 de abril de 2014

Os de cinco anos " recuncheando"

Aquí están os de cinco anos xa de novo mans á obra.
Na biblioteca de aula con poemiñas para traballar a rima. Coas novas tecnoloxías, ordenador e tablet  contos e xogos de letras e crebacabezas.

A tenda ecolóxica.

Como xa sabedes tivemos unha tendiña ecolóxica no corredor do cole. Alí acudimos varias veces para traballar contidos, que no seu día explicamos. Agora a tenda dividiuse entre as dúas aulas de infantil. Na de tres e catro a aceptación foi moi boa. Así xogaban os peques nos momentos libres de xogo simbólico.

Nova tarefa do encargado do día.

Mercamos unhas imáxes moi vistosas e imantadas sobre a climatoloxía. Agora o encargado do día ten unha tarefa máis: poñer na pizarra a imaxe correspondente ao tempo que fai cada día ( ata o de agora faciámolo con pictos na asamblea, e seguimos a facelo así tamén) e poñerlle o nome ao debuxo, coa axuda de todos.

Novamente, recunchos.

Estes son os recunchos da semana na aula de 3-4 anos. Na nosa biblioteca de aula, que a reformamos este trimestre,  lendo libros de agricultura.  Nos crebacabezas,  cada vez máis complexos ( este recuncho tamén o cambiamos). Repasando as moedas que co proxectiño da tenda xa viramos e xogando con animais domésticos,  salvaxes e insectos.

Pasiño a pasiño.

Así estamos agora na nosa aula. Os pais/nais do alumnado de catro anos que xa vos achegástedes a falar conmigo xa coñecedes en que situación respeto á lectura se atopan os vosos fillos. Moi orgullosa como mestra cos resultados e cos meus pupilos.

viernes, 25 de abril de 2014

Novo recunchiño.

Para aqueles pequechos que están comezando a ler, e para aqueles momentos en que se precisa concentración e na aula non é doado..., creamos no corredor, xusto enfrente da porta da aula, un recunchiño que invita a ler con un pouco máis de tranquilidade. Quedou moi bonito e, con un neno/a e un libro entre as súas mans inmerso no placer de ler... máis bonito todavía.

Día do libro.

Polo día do libro, ademais dos marcapáxinas que fixemos, e que xa están nas vosas casas, elaboramos un mural por aula.

CALENDARIO DE SEMENTES.

Convidámosvos a ver un fermoso e laborioso traballo que realizaron os mestres de primaria e que empregaremos nas aulas de infantil. PINCHA AQUÍ.

jueves, 24 de abril de 2014

Feliz Día do Libro.

O 23 de abril celebramos o "Día do Libro", un día ideal para regalarlle aos nosos fillos un libro.
No fin de semana poñeremos as fotos de algún dos traballiños que fixemos.

Salvemos o Érbedo.

Se os vosos fillos chegan á casa estes días e piden traer ao cole unha xoaniña.... están no certo.
No colexio temos un Érbedo que se infestou de pulgón. Como este ano, o proxecto do cole trata da agricultura como medio sostible, comentoúselle a todo o alumnado do centro que podían traer xoaniñas para poñelas no Érbedo e comer os pulgóns.
Satisfeitos do noso traballo cando comprobamos que alumnado de primaria xa sabía do tema por libros que lera nas nosas bibliotecas ( de centro e aulas) e, orgullosos de escoitar da boca do noso alumnado de primaria, cousas como... " é o xeito máis ecolóxico de eliminar a plaga do pulgón".
Así que xa sabedes, podedes aproveitar o fin de semana para dar un paseiño e buscar xoaniñas. O luns estaríamos encantadas de escolarizalas.

Contamos hacia atrás.

Quedan 39 días lectivos e, co obxectivo de traballar o sistema numérico e a conta atrás, elaboramos nas dúas aulas o panel que se amosa. Agora o encargado do día ten outra tarefa máis: quitar o número que corresponde cada día e contar os que faltan, cara a diante ou cara atrás, en función da idade do encargado.

miércoles, 9 de abril de 2014

Representándonos.

Estes días estamos repasando contidos do trimestre, entre outros o esquema corporal. Estas fotos reflexan algúns traballos do alumnado de catro anos sobre como se representan a si mesmos en plastilina. Para a meu gusto, preciosos.

sábado, 5 de abril de 2014

Manuel Colmeiro.

Relacionado co proxecto deste curso quixemos facer unha aproximación dos peques ao mundo da arte. Traballamos a Manuel Colmeiro,  artista nado en Silleda. Vimos varias obras, principalmente as relacionadas coa sega. Logo profundizamos máis nunha que posteriormente tentamos reproducir traballando grafo, co repaso en rotulador dos trazos da obra e co coloreado e tamén contidos coma as cores e a mestura das mesmas.
Na aula dos máis pequenos ademais repasamos os contidos do esquema corporal facendo un " Manuel Colmeiro" da nosa talla.
Aquí deixamos o resultado

martes, 1 de abril de 2014

Conceptos matemáticos.

A mamá de Zaira regalounos unhas maquetas de móbil. Algunha pasou a formar parte da nosa casiña, para o xogo simbólico. Outras foron "reformadas". Pegáronselles os números do 1 ao 9, dun xeito claro. Con eles agora traballamos matemáticas nun recuncho. Os nenos confeccionan a súa lista de teléfonos coas fotos dos compañeiros e grafías dos números. Logo chámanse entre eles, marcando os números da lista e.... a conversar!!!
Graciñas á mamá de Zaira.