jueves, 22 de mayo de 2014

Por fin.

Como xa saberedes na nosa hortiña espigáronos os ravos e as escarolas, o pirixel non saíu ( que xa é raro), as cebolas moi cativas.... probablemente tiñamos que mesturar a terra con area para que drenase mellor, lembremos o xeito e lugar de construcción da mesma.
Hoxe levamos unha ledicia, por fin algo que se pode comer.  A horta ten amorodos ecolóxicos que hoxe poideron degustar algún pequeno.

martes, 20 de mayo de 2014

Comezamos a ver a colleita.

Logo de nos espigar os ravos e as escarolas, estamos mimando moito os pequenos froitos que, tímidamente, asoman na nosa hortiña.

Por recunchos.

Na aula de cinco tamén se segue a traballar por recunchiños, aprendendo a compartir, a organizar o traballo a axudar e recibir do compañeiro,... moitas das actividades desta semana estan relacionadas coas flores e co reloxo floral de Linneo que no seu día vos amosamos.

Seguimos a....

Seguimos a "recunchear", tentando traballar en pequeno equipo realizando tarefas plásticas, de motricidade fina, de creatividade, atención ou de lecer.

Novo material.

Todo un éxito o xogo que lles propuxemos aos cativos sobre foguras xeométricas, mostran a súa imaxinación e destreza manual. Encántaslle.

Seguimos co Érbedo.

Seguimos coa operación:" salvar ao Érbedo" liberándoo de pulgón. Agora ademais das xoaniñas rociámolo con auga de hortiga.
Aos peques de infantil encántalle a tarefa. Graciñas, novamente, polas xoaniñas enviadas.

RECITANDO AO PE DAS ÁRBORES.

O venres pola mañá todo o colexio recitamos ou lemos ao pe das árbores do noso patio textos relacionados coas árbores e a súa importancia para a nosa vida. Ademais rotulamos ditas árbores con carteis que tiñan o seu nome grabado. Esta era a actividade programada para o día da árbore e aplazada por mal tempo.

Letras galegas 2014.

Na semana das letras galegas o alumnado de infantil poido coñecer a biografía do homenaxeado este ano: Xosé María Díaz Castro. Fixemos traballiños relacionados con el e aprendimos o poema " Esmeralda" que recitamos todo infantil o venres 16 pola tarde na biblioteca escolar.

lunes, 19 de mayo de 2014

viernes, 9 de mayo de 2014

Fermoso xardín.

Os de cinco anos fixeron un orixinal e colorido xardín coa plastilina. Un traballo moi riguroso que require de comprensión, minuciosidade, gusto estético, boa motricidade,....

Feira dos Carballiños.

Toda a semana estivemos falando da feira dos Carballiños. Marcamos no almanaque o día, vimos videos en YouTube sobre a feira doutros anos,... E hoxe, para ambientarnos aínda máis, fomos visitar o sitio onde estará a antiga escola, onde se fará o asalto ao banco, onde se come o polbo,... Os pequechos están deseosos de que chegue o dìa.

jueves, 8 de mayo de 2014

Reloxo floral.

O naturista Carlos Linneo elaborou este reloxo floral segundo o cal, un día de sol, nun paseo polo campo, podemos saber que hora é fixándonos na apertura e peche de estas 12 flores fermosas.
Nas aulas de infantil estamos a traballar sobre este curioso e bonito reloxo.

miércoles, 7 de mayo de 2014

As xoaniñas.

Gracias ás familias que enviaron xoaniñas para limpar o Érbedo de pulgón. Pouco a pouco andan comendo os pulgóns e " curando" a árbore.

lunes, 5 de mayo de 2014

Probando as mermeladas ecolóxicas.

Esquecíamonos de vos amosar como degustamos as mermeladas ecolóxicas na fábrica Amorodo. Probamos a de cabaza e a de amorodo e aos nenos gustoulles moito,  sobre todo a primeira.

sábado, 3 de mayo de 2014