Hoxe enchemos a poza de auga e rematamos o camiño coas pedras que mos trouxo a mamá de Eloy, dende aquí agradecerlle o esforzo. En breve teremos ras e peixiños e outros bichiños habitando a poza.
martes, 30 de septiembre de 2014
A poza xa con auga.
lunes, 29 de septiembre de 2014
Apañando castañas.
Aproveitando o solciño fomos hoxe aos arredores da igrexa a apañar cousiñas típicas do outono coas que logo traballaremos nas aulas: castañas, follas, candeas, landras,...
Logo antes de marchar traballamos a relaxación e o sentido do oido, deitadiños escoitando o piar dos paxaros, o can do veciño,...
viernes, 26 de septiembre de 2014
Nas aulas....
Como sempre poñemos fotos de actividades no corredor, no exterior, na aula de plástica, biblioteca,.... e poucas do traballo na aula, aquí vos deixamos algunha fotiño de traballos en mesa.
Afondando nos ecosistemas.
Como xa sabedes todos os anos traballamos un proxecto que parte da biblioteca, este curso centrámonos nos ecosistemas.
E como a biblioteca é o eixe vertebrador, aquí estamos as dúas aulas de infantil visitando o mural da súa entrada, relacionado cos ecosistemas.
Na biblioteca.
Como xa sabedes contamos no noso centro con unha fermosa biblioteca da que facemos moito uso. Uns días contamos as mestras o conto e outro día o fan os peques. Aquí vos deixamos unhas fotiños dunha sesión desta semana.
Facendo nubes de outono.
Aínda que o tempo está por momentos de verán, o certo é que xa é outono e na asamblea xa levamos días falando deso.
Hoxe comezamos a facer unhas nubes de papel e cola de empapelar.
Todos moi ledos fomos ao aula de plástica e alí empapelamos globos. Pasámolo moi ben e fixérono xenial. Agora están a secar, e daranlle outra man os de primeiro e segundo para logo rematar nos pegándolle recheo de coxín. Xa vos amosaremos que bonitas quedan pendurando do corredor do cole.
Facendo na poza.
Hoxe, aproveitando o bo tempo, fomos a darlle outro pulo á poza. Afondamos un chisco máis e comezamos un caminiño para o que empregamos terra que os peques carretaron cos caldeiriños e tamén as pedras que nos fixéstedes chegar.
Fan falta moitiiiisimas pedras máis, pero a mamá de Eloy quedou de traer un caldeiro delas e tamén a mamá de Iker de terceiro.
Así, entre todos o traballo é máis doado. Graciñas.
miércoles, 24 de septiembre de 2014
A pala.
Hoxe queremos agradecer ao pai de Olaya de primeiro de primaria que se ofreceu a escavar, coa súa escavadora, para afondar a poza.
Mañá poderemos os de infantil, e coa axuda dos de primeiro e segundo, seguir a facer a poza.
jueves, 18 de septiembre de 2014
A nosa poza xa ten enunciado
Logo de picar os maiores de infantil as letras, fomos ao corredor a, entre todos e letriña a letriña, compoñer o nome de "poza"
Canto pesa a ra de Antía?
Experimentado a sensación de peso e facendo xuizos de valor.
Na man ou na cabeza sentimos se pesa moito, pouco. Para a maioría e, con razón, pesaba moito.
miércoles, 17 de septiembre de 2014
Unha poza artificial.
Coas primeiras pedras e as primeiras ras que chegaron ao cole estamos a facer unha pucharca artificial onde, os máis cativos meteron tamén insectos.
Según nos mandedes máis ras seguiremos a encher a poza. Mañá aos de cinco anos tocaralles poñerlle tamén un gran nome á maqueta que entre as dúas aulas andamos a elaborar.
martes, 16 de septiembre de 2014
Traballando na poza.
Como xa saberedes pola nota enviada ás familias, empezamos a facer unha poza no colexio. O traballo é complexo xa que hai moita terra para quitar, por iso o papá de Olaya, unha nena de primeiro, vai a vir coa súa pala e vainos axudar a afondar a poza.