sábado, 29 de noviembre de 2014

jueves, 27 de noviembre de 2014

O que non inventen os nenos...

Aquí queda un monentiño fermoso. Nun momento de xogo libre descubro que uns cantos alumnos argallaron o seguinte xogo: unha nena fai a durmida e outros tres, con un gorro de papá noel ían a modo e levabanlle xoguetes. Encantoume, sobre todo ver como escapaban correndo ao deixar os agasallos jjjjjjj.

Xogo do bingo.

Na aula dos maiores, os xoves pola tarde, xogamos ao bingo de letras, de números ou de figuras xeométricas. O que canta bingo leva un agasaio. É un xeito lúdico e moitivador de traballar as cores, as figuras, os números, as letras, as sílabas e tamén a atención.

O noso mural.

Así de bonito está o mural resumo sobre elementos que contaminan a auga. Xa nos falta pouco para rematalo.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Chega o Nadal!!!!

Empezamos a colocar as cousiñas de Nadal. Aínda que ata o próximo luns non empezaremos con este tema, o alumnado de infantil non poido resistirse a achegarse á decoración de Nadal que o conserxe desembalou, por iso decidimos remexer nela e poñer unha árbore na que, cada día, o encargado de cada clase, colga un adorno.

A contaminación da auga.

Estes días estamos a traballar os elementos que contaminan a auga e centrámonos na poza. Estamos a ler contos relacionados co tema e sacando información entre todos os nenos dos textos que nos enviástedes ás familias,  graciñas.
Aquí deixamos tamén un experimento que fixemos simulando contaminación da poza. Estamos facendo un gran mural sobre isto, cando o rematemos colgaremos a foto.

sábado, 22 de noviembre de 2014

Aprendendo nos recunchiños.

Coidando a natureza.

E ademais de coidar a hortiña e a poza tamén coidamos as plantiñas da aula, así de bonitiñas as temos!!!

Pescando.

Aquí están os peques pescando, o que poden, e facendo un esforzo de precisión oculo-manual.

Conferencia de Marcos Rodríguez Pantoja.

Como xa sabedes onte tivemos a ocasión de coñecer e escoitar a Marcos Rodríguez Pantoja,  o señor que de cativo se criou entre os lobos. Esta semana na aula estivemos a ver algunha curta sobre el e sobre a película "Entre lobos" e a traballar na libreta voa súa foto e o seu nome . Na súa conferencia ensinounos, entre outras cousas como facía o son de moitos animais.

Tarde de poza e horta.

Aproveitando o bo tempo, o xoves pola tarde estivemos na horta mondando as patacas que naceron de sementalas o curso pasado e poñéndolle no pe follas secas para evitar a xiada e as malas herbas.
Ademais tamen naceron moitas leitugas lisas e escarolas da semente do curso pasado, estivemos a ralealas e transplantalas.
Limpamos a poza de follas secas e observamos as tartarugas.

martes, 18 de noviembre de 2014

Xogo do Mikado.

Chegou a aula de 4 e 5 anos un novo xogo,  o Mikado co que traballamos a observación,  atención,  precisión motriz, resolución de problemas,  respecto de turnos, xogo reglado,...
Aos cativos gustoulle moito.

Rematando as nubes.

Coa choiva continuada retomamos o traballo das nubes de outono. Agora que estaban xa sequiñas comezamos a poñerlle o recheo de almofada e traballar con isto tamén as texturas, suave, brando,...

viernes, 14 de noviembre de 2014

Tarde de magosto.

Esta tarde celebramos o magosto con xogos tradicionais, cancións e castañas asadas. A mágoa foi que co mal tempo tivemos que facelo no pavillón e non é o sitio máis apropiado.