martes, 2 de diciembre de 2014

Arboliños de Nadal.

Andamos a elaborar unhas árbores de Nadal moi feitiñas.
Primeiro traballamos o que é unha espiral, a cor verde e branca e contidos de Nadal. Logo picamos  unha espiral.
Seguidamente poñemos pegadas brancas como se fose neve e por último... a purpurina que nos gusta moito.
Aquí están momentos de traballo e as primeiras árbores.

Pescando lixo.

Primeira posta en práctica do xogo que fixemos coas tapas que  nos enviástedes. Cada tapa ten o debuxo dun obxecto que contamina a auga. Cada vez que un neno/a pesca unha ten que dicir o efecto que fai sobre a auga.

Momentiños.

Aquí quedan unhas fotiños moi bonitas sobre momentos de xogo e momentos de relaxación compartidos cos amigos.