miércoles, 29 de abril de 2015

jueves, 23 de abril de 2015

A horta-xardín.

En vista de que o terreo da nosa horta non é o mellor para ter colleita acordamos adicar o recunchiño aos amorodos, perixil e plantas florais.

Feliz día do libro.

Hoxe chegarían ás vosas casas marcapáxinas que fixemos para celebrar o día do libro. Tamén estivemos contando o conto de "Don Quijote" adaptado para os peques.
Mañá faremos unha bonita actividade entre todo o centro co gaio do día do libro que poderedes ver no blog.

Máis traballiños das aulas de infantil.

Agradecementos.

Graciñas por enviarnos as flores ás nosas aulas. Aínda estamos a traballar contidos da primavera e máis concretamente da flora desta estación. Tamén asociamos estes contidos á poesía e aproveitamos para recitar e copiar pequenos poemiñas.

Andamos a rematar a nosa escultura.

Seguimos a traballar o arte e a nosa escultura xa colle forna. Agora témola no corredor para poñer a proba a súa resistencia. Fáltanos encher o fondo con anacos de xornal.

sábado, 18 de abril de 2015

Preparando de novo a hortiña

De novo tivemos que limpar a horta, mondar os amorodos e a escarola. Ademais transplantamos pirixil e preparamos un anaco de hortiña para prantar na vindeira semana unhas plantiñas a modo de xardín.

jueves, 16 de abril de 2015

Primavera.

Andamos nas aulas a experimentar contidos da primavera e a relacionalos cos outros centros de interese.

A arte.

Seguimos a traballar a arte. Logo de Miró tócalle o turno a Willy, con el aprendemos o que é unha escultura e mesmo nos atrevemos a facer unha.