miércoles, 20 de mayo de 2015

Letras galegas.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, ademais dos traballos a nivel aula e con libros lim na pizarra dixital, fixemos unha actividade conxunta no centro que consistía en escribir cada neno unha palabra galega que lle gustase. Así aprendimos vocabulario.

Agora toca insectos.

Seguindo coa primavera imos agora a descubrir os insectos. Estes días enviamos ás casas unha caixiña de bichiños para ver en familia.

Máis floreciñas.

Estes días chegarían as casas dos neniños de 3 anos floreciñas para agasallar aos seres queridos, porque non hai que fixar unha data concreta ( día de....) faea facer un cariño.

jueves, 14 de mayo de 2015

De novo tinguindo flores.

Como xa sabedes fixemos o experimento de tinguir flores pero quedounos.... regulín regulán.
Agora por fin conseguimos caraveis recién cortados e con eles e o colorante  sen diluir quedounos.... perfecto. En menos de unha hora xa se apreciaba a cor e en tres horas xa estaban moi coloridos. A ver como madrugan mañá.

viernes, 1 de mayo de 2015

E da flor ... o froito.

Agora estamos a falar das froitas. Saímos ao patio a ver os amorodos e as cerdeiras para ver os primeiros froitos da primavera.