Faltaban os de 4 anos para completar a festa. Fermosos todos.
jueves, 29 de octubre de 2015
martes, 27 de octubre de 2015
Iniciamos novo centro de interés.
Enlazamos co esquelete do Samaín un novo centro de interés, o corpo. Hoxe observamos, deducinos, comentamos e manipulamos.
Algún comentario simpático.... " profe... A columna vertebral serve para que pase a comida" " o corazón fai ruido porque peta coas costelas" jjjj haberá que traballar eses e outros contidos para coñecer o noso corpiño e acadar un bo esquema corporal.
Tamén queda aquí foto da parte do corpo que sacou risas nos nenos e nenas.
Últimos traballiños do Samaín.
Gracias á theacher que fixo este fermoso panel para retratarnos. Os cativos de todo o centro, na aula de inglés, colaboraron co traballo.
As fotos xa... Moi difícil de lograr que todos miren á vez, así que aquí quedan as mellores.
viernes, 23 de octubre de 2015
Tempo de poda.
Hoxe protección civil de Lalín comezou a podar as árbores do patio. Unha sorpresa para os peques cando saían ás catro. Algún ata probou o casco.
martes, 20 de octubre de 2015
Recunchiños de Samaín.
Esta semana.... No recanto dos artistas a facer arañas de plasti ( mañá farémolas negras), na cociña a escribir e colorear unha pócima que para a semana cociñaremos, na biblioteca máis historias de "medo" e no ordenador manexo do rato coloreando debuxos coas cores do Samaín.
sábado, 17 de octubre de 2015
Éxito da araña.
Empeza a respirarse no cole o Samaín Halloween. Aquí están os peques encantados coa araña xigante que pendura do teito do corredor. Pobre araña, non sei o que aguantará.
viernes, 16 de octubre de 2015
Poza lista.
Agradecementos ao noso conserxe que preparou a poza que o ano pasado creara infantil. Está fermosa, esperando agora que un neno de terceiro nos traia peixiños 👏 👏 👏.
O Samaín chega ás casas.
Na tarde dos venres xa sabedes que nos adicamos a taller de plástica. Supoñemos que xa todos tedes na casa un fermoso póster, os de 3 anos fixeron un crebacabezas de pepa pig en Samaín e pintaron arañas brancas, e os de 4 e 5 anos debuxaron un terroriiiiiifico esquelete e moitas arañas. Que medo!!!
jueves, 15 de octubre de 2015
Tarde con Gina.
Onte estivemos novamente media horiña con Gina (así faremos todos os xoves). Falamos do Halloween e aprendimos a decir cabaza en inglés, así como a tradición de "truco_trato"
miércoles, 14 de octubre de 2015
Probando froitos.
Hoxe andivemos catando froitos secos e carnosos. Phisalis, caquis, mazás, améndoas coa casca e avelás. Non hai mellor aprendizaxe que o manipulativo.
Conto Samaín.
Adicaremos varias tardes a elaborar un conto sobre a canción "los esqueletos" que vemos e bailamos todos os días( you tube " canción infantil los esqueletos")
No mes de novembro o libro conto pasará por todas as casas.
Esta semana....
Recunchos da semana: valeirar as cabazas na cociña, ler_observar contos de Samaín_ Halloween🎃 e no dos artistas estampar a palabra Samaín.