Nas sesións que facemos os venres pola tarde na aula de plástica comezamos os adornos que pendurarán das árbores da rúa peatonal de Lalín. Este venres, en concreto, pintamos mondadentes que logo poñeremos en bolas de porespán tamén pintada.
domingo, 29 de noviembre de 2015
jueves, 26 de noviembre de 2015
Roedores.
Para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero, acudimos hoxe ao teatro a gozar dunha obra que traballaba valores de igualdade, respeto, amizade,...
A verdade é, que a obra era moi adaptada a todas as idades, e que aos cativos gustoulle moito.
martes, 24 de noviembre de 2015
Recuncho lóxico-matemático.
Nas dúas aulas de infantil creamos un recunchiño para reforzar mediante xogos os contidos lóxico matemáticos.
Hoxe tocou pescar números un traballiño co que ademais traballamos a coordinación óculo manual.
viernes, 20 de noviembre de 2015
Canción Magosto
jueves, 19 de noviembre de 2015
Preparándonos para o magosto.
Mañá celebramos no cole o magosto. Esta semana estamos aprendendo cancións relacionadas coas castañas, co magosto,... Así de ben o pasamos.
martes, 17 de noviembre de 2015
lunes, 16 de noviembre de 2015
Oído , gusto e tacto.
Nos recunchiños desta semana...(seguimos cos sentidos)
Facendo comidiñas para os bonecas con sal, azucre, cacao, manzanilla, fariña... Productos que cheiramos e probamos primeiro.
Recortando xoguetes sonoros.
Facendo pegadas dactilares con tinta e calcando as mans.
Agradecementos ao noso conserxe.
O noso conserxe está acondicionando a zona de xogos para os días de choiva. Ampliouse a tarima no chan para que non teñamos que xogar aos coches, aos legos ou ler contos sentados no chan de plaqueta que resulta frío. Ademais está poñendo repisas para que poidamos colocar moi ben os xoguetes. Grazas.
Aproveitando os contidos sobre o tacto probamos a diferencia quente-frío.
lunes, 9 de noviembre de 2015
A cabeza.
Estas son algunhas das creacións plásticas sobre a nosa cabeza. Hainas de todas as idades. Segundo imos interiorizando contidos así os plasmamos.