viernes, 18 de marzo de 2016
viernes, 11 de marzo de 2016
Musical libro de la selva.
Xa de volta no fogar comentar que a saída foi un éxito. Todos o pasaron moi ben especialmente os máis pequenos, que ademais se portaron xenial e o gozaron.
jueves, 10 de marzo de 2016
Nomeamos alimentos en inglés.
Coma no primeiro trimestre os xoves, media hora da tarde, estamos con Gina e, neste caso... Nomeando alimentos en castelán, galego e inglés.
miércoles, 9 de marzo de 2016
Lecturas de cinco anos.
Agora os de cinco anos... Tócalles ser máis autónomos, e ser eles os que, de entre unha selección de contos escollida para cada neno/a, determinen que conto desexan ler na aula coa mestra e levar para a casa. Trátase de, agora que xa imos tendo soltura na lectura...gozar da mesma.
A casiña do Sr. Pérez.
Fermosas casiñas que nos fixo Lorena a mamá de Hugo de terceiro de primaria. Hoxe puxemos unha e contamos aos cativos que o ratiño Pérez, ao ver a porta, fai un buratiño na parede e crea un fogar. Así está pendente se a algún neno lle cae un dente.
Ademais Lorena tamén nos fixo un cofre de xeito que... Se algún cativo lle cae o dente no cole... Méteo no baúl e ao día segunte o rato traelle un conto.
As saídas....ordeadas.
Así de ben, de serios e formais, estamos saíndo do cole. Non é sen tempo... Nin sin recompensa...jjjjj. Se todos estamos esperando a orde de saída detrás da sinal de stop e imos en fila ordeados....ao chegar á porta gañamos unha estrela ( que nos serven para traballar cores e números) ás 10 estrelas... Premio individual ou grupal.
Esta semana...
Experimento na cociña da aula de mesturar aceite auga e fariña e remexer todo. Recortar productos da cesta da compra. Pescar palabras para formar a frase dada. E traballo coas novas tecnoloxías, a tablet na aula con uso educativo.
viernes, 4 de marzo de 2016
Taller de cociña.
Aquí estamos facendo o primeiro taller de cociña. Neste caso unha seriación de dous elementos ( amorodos e plátanos)
Durante o traballo... Contidos como... Limpeza de mans e das froitas, groso_fino, reciclaxe do material de refugallo,...
Recunchos relacionados co centro de interés dos alimentos.
Como xa vos indicamos empezamos novo centro de interés relacionado cos alimentos.
Así de ben ideamos dous recunchiños para empezar. Un nas matemáticas, para facer seriacións de tres elementos e outro na cociña, tamén con contidos matemáticos recoñecendo as grafías numéricas duns vasos e poñendo dentro deles tantas culleiradas de fariña como se indica.