Co invento das caixiñas de cereais como arquivadores de libros ( mostradas noutra entrada), mellorado coa caixa que, cun xaulín de froita nos argallou o noso conserxe... Os peques de cinco anos, á hora de ler diaria, escollen da súa caixiña o libro que desexan e agora, incluso, escollen con que libros encher o seu arquivador de contos.
miércoles, 27 de abril de 2016
viernes, 22 de abril de 2016
Don Quijote de la Mancha.
Estes días e, conmemorando o 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes, andamos a facer varias actividades ao respecto. Andivemos buscando todas as fotos que hai no cole de Miguel de Cervantes, escoitamos frases do Quijote, coloreamos persoaxes da novela,... E hoxe, visualizamos un capítulo dos debuxos "las tres mellizas", adicado a " Don Quijote".
Contamos seguir con actividades relacionadas con este persoaxe e o seu autor.
miércoles, 20 de abril de 2016
Estamos en obras.
Gran espectación dos peques ao descubremento de porqué había sempre auga diante da porta do fondo do corredor.
Plantando e observando.
Temos ansia do bo tempo e da primavera, por iso plantamos catro plantiñas, todas elas moi diferentes, á porta do colexio, para velas todos os días e observar os seus cambios.
Tamén admiramos as fermosas flores que naceron no colexio.
Abril mes dos libros.
Neste mes de abril, ademais de cambiar as bibliotecas de infantil e ter moito éxito o novo mobiliario destas.... Fixemos algunha actividade como escoitar contos da man de outros mestres do centro, traballiños sobre os nosos contos preferidos...
martes, 12 de abril de 2016
E coa primavera volta a arte á aula.
Logo de traballar polo San Valentín a obra " El beso" de Gustav Klimt, agora ven á aula unha nova obra de este artista, " Jardín con girasoles".
Rotulando os espacios.
Agora que os de 3 anos identifican letras, que os de 4 anos xa saben ler e que os de 5 anos son uns expertos.... Rotulamos algúns espazos sen sobrecargar. Facémolo en galego e castelán e en maiúscula e minúscula.
Os taboleiros de primavera.
Observando semellanzas e diferencias entre flores e aprendendo vocabulario.... Creamos uns taboleiros de primavera, aínda que o tempo parece de inverno.
Cambios na biblioteca de aula e na asamblea.
Neste trimestre,e grazas á axuda do noso conserxe, que nos fixo un moble... A nosa biblioteca de aula muda de imaxe co fin de facer máis " apetecible" ese recuncho.
Así mesmo a asamblea tamén se converteu nunha zoa con novidades en canto a mobiliario e tarefas.
miércoles, 6 de abril de 2016
De volta nos recunchos.
Xogamos ao Micado para traballar o concepto espacial arriba abaixo, así como espera de turno, reglas de xogo, contar.... Na cociña separamos productos de orixe animal e vexetal. Na colchoneta calcamos un debuxo baixo o refrán" en abril augas mil" e por último un pouquiño de TIC
lunes, 4 de abril de 2016
En abril aguas mil.
Estreamos o mes de abril cambiando a neve que penduraba do teito da aula, por pingas de auga, que picamos coa canción de fondo de "Lela" onde fala do chorar das nubes.
E logo do taller das flores de nocilla....
Ao rematar o taller da entrada anterior... A reciclar o papel de forno que empregamos facendo un barco de papel e escribindo... Flores de pan bimbo
Taller de cociña... Flores de nocilla.
Hoxe preparamos unhas flores de bimbo e nocilla mentres falabamos da importancia de non consumir moitas veces este tipo de alimentos.
Estarricamos co rodillo o pan, untamos a nocilla , envolvimos, cortamos e presentamos. E ao final.... Papamos!!