viernes, 27 de mayo de 2016

Willy.

E coma todos os mércores ... Xogando coa arte. Nesta ocasión un artista veciño, Willy, de Botos. Este ano, conmemorando o décimo aniversario da súa morte, adicámoslle un espacio no noso centro.

Sementando

Estamos a sementar herbas aromáticas coa intención de facer logo unha pequena hortiña con caixiñas. Así que... As familias que querían colaborar poderán achegarnos ao cole caixas de madeira, da froita, preferiblemente pequenas.

Despedímonos de Flapi.

A biblioteca remata, por este curso, o empréstito de libros. Agora toca reconto, agasallar aos máis lectores e aos colaboradores de biblioteca. Para outubro voltarán as bolsas Flapi aos hogares.

sábado, 21 de mayo de 2016

Novos xogos na asemblea.

Incorporamos dous novos momentos na asemblea, por un lado un xogo de sumas no que, cada día o encargado tira o dado, colle a flor q corresponde o número que saíu e planta a flor me maceta cuio número é o resutado da suma da flor.
Por outro lado mudamos de abecedario de xeito que, en vez de repasar o abecedario cos nomes de productos, ahora repasamos o abecedario galego e miramos que letras do castelán non ten.

O tangran, puzzes, xogo simbólico....

Algunhas fotiños para amosar actividades nas que andamos.

Letras galegas 2016.

A semana anterior ao día das Letras Galegas estivemos a estudar a Manuel María, a coñecer un pouquiño da súa biografía e da súa obra. O luns fixemos, na biblioteca do cole, un pequeno recital en conmemoración a dito autor. Os de infantil recitaron "o caracol" e "o cuco"

Seguimos adicando os mércores á arte.

Pouco a pouco imos enchendo o noso recunchiño de arte con autores.

viernes, 6 de mayo de 2016

Don diccionario.

Temos novo membro na aula, Don diccionario. Forma parte da nos asemblea e nel buscaremos palabras descoñecidas ou palabras que queremos saber o significado. Logo de buscar e ler, facemos o nome e debuxo de dita palabra a gardámola na caixa das palabras.
Don diccionario ten os bigotes de Dalí que tanta gracia nos fixeron.

Xogalde - demostración de loita.

O noso cole leva anos participando en XOGALDE, deporte na escola. Este curso como novidade a Consellería enviou ao centro o grupo de loita das Cruces para facer demostración.
Aínda que estaba enfocada para alumnado de terceiro a sexto, os de infantil tamén fomos, non a participar pero si a mirar e coñecer un deporte diferente ao que están acostumados a ver ou practicar.

Máis actividades coas letriñas e co nome.

miércoles, 4 de mayo de 2016

Feira dos Carballiños.

Ás portas da celebración da feira dos Carballiños realizamos unha pequena saída ao lugar onde se celebrará dita feira.
Inicialmente e, as portas da biblioteca do cole, falamos dunha cita de Otero Pedrayo que fai referencia a dita feira.
Logo fomos ao lugar da celebración, vimos o muíño por un buratiño da parede, vimos o banco onde se fará a representación, o lugar onde estarán os animais, os xogos... E rematamos no palco aprendendo a botar foguetes con xestos e son, e bailando un pouquiño.

Visita do veterinario.

Os peques de infantil seguen a estudar os animais. Visitounos o papá de Unai, que é veterinario, e falounos do seu traballo. Ademais de resolver dúbidas, amosarnos moitas fotos de animais apoiadas de explicación e ensinarnos o uso dunha ferramenta súa de traballo, o fonendoscopio, ... Agasallounos con dous libros que estamos a ler aos poucos na asamblea e forman parte da nosa biblioteca de aula.