Hoxe foi o primeiro día de traballo simultáneo coas bandexas, como se dun milagre se tratase, as aulas estaban en silencio, os cativos estaban tan interesados no traballo que se respiraba unha tranquilidade e armonía na clase.
O resultado moi bo se ben hai que mellorar posicións, utilidades do material, recollida do mesmo....pero en iso estamos.
miércoles, 28 de septiembre de 2016
Armonioso traballo.
miércoles, 21 de septiembre de 2016
Mamis e papis.
Hoxe nomeamos nais e pais de aula. Agora que xa coñecemos algo máis aos cativos, nomeamos un pai e nai, ou dous pais ou dúas nais por cada neno/a de 3 anos. Así de contentos estaban pais e fillos, os primeiros asumindo responsabilidades.
lunes, 19 de septiembre de 2016
Un pouquiño máis de orde.
Pouco a pouco imos conseguindo ordear aos cativos e facer algunha actividade en gran grupo como colgar a chaqueta na percha, poñer as zapatillas, enrolar o individual ou facer un vestido para a profe.
jueves, 15 de septiembre de 2016
Algúns momentiños na aula.
Nestes tres días estivemos presentando algún elemento, espazo, obxeto da aula. O seu uso, o seu coidado, o seu sitio... Aquí quedan algunhas fotiños.
martes, 13 de septiembre de 2016
Primeiras responsabilidades na aula.
Empezamos a explicar como debemos coidar as plantas, presentando a bandexa de xardinería. O tacto, a delicadeza,...ademais de contidos relacionados coa natureza empezar a funcionar.