martes, 31 de enero de 2017

Os sentidos.

Os de cinco anos xogando a recoñecer sentidos. Que mellor xeito de aprender que xogando.

Achégase o cocido.

Como xa vos indicamos na nota que enviamos, este trimestre imos ir de festa en festa, seguindo co proxecto do turismo. Estamos agora en Lalin e co porco, preparándonos para a Feira do Cocido.

Xogando coas letriňas.

Seguimos a xogar coas letras e o nome. Hoxe tocou estampar.

viernes, 27 de enero de 2017

Carreira solidaria.

Que mellor xeito de traballar o día da paz que sendo solidarios. Aquí vedes aos peques correndo para o programa "vacacións en paz", soliedariedade cos cativos do Sáhara.

jueves, 26 de enero de 2017

Recta numérica.

Todos os días faremos actividades coa recta numérica abn
Os de tres aňos só manipulativamente, os de catro anos tamén con representación escrita.

miércoles, 25 de enero de 2017

A decena.

Os de cinco introducíndo a decena.

Os máis pequerrechiňos a escribir.

Aquí tedes aos máis pequerrechiňos do cole iniciándose coa letra A.

Cazando letras.

Actividade chula de verdade. Podedes probar na casa. Encántalles.

Bandexa do sentido do tacto.

Tapando ollos e....a tocar e deducir.

Puntos e números.

Contando puntos e asociando cantidades a números. Para iso utilizamos os dados e o dominó, entre outras cousiňas.

Bandexas matemáticas para representar.

Amosámosvos o seguinte paso, representar en debuxo o que facemos manipulativamente coas bandexas.
Esta tarefa facemola con contidos matemáticos.
Presentamos pois fotiňos de novas bandexas e de como facemos.

miércoles, 18 de enero de 2017

Seguimos traballando.

Seguimos a traballar nas bandexas, que mudaron de actividades, na asamblea con novas contidos, interaccionan coa natureza...