Como xa vos contamos e, seguindo co proxecto de turismo, este trimestre estamos de festa en festa, de momento estivemos traballando o cocido de Lalín e o entroido en Laza. Aquí o cume desde entroido.
viernes, 24 de febrero de 2017
martes, 21 de febrero de 2017
Máis actividades matemáticas
Hoxe fixemos algún cambio na asamblea respecto a actividades de contar cara adiante e cara atrás. Ademais seguimos coa de contar con paus cantos nenos hai cantas nenas e sumar o total.
Temos tamén na asamblea un cohete que vai baixando con unha goma elástica según contamos cara atrás. Ao rematar, no número un, soltamos e despega.
jueves, 16 de febrero de 2017
Diferentes intereses.
Distintos intereses cando a profe deixa libremente "escoller que facer"
Uns van para mamás, outros para arquitectos, hainos artistas e hai quen imagina historias en familia na casiña. A verdade moi tranquilos en solitario ou en grupo.
Ordeando cartas.
Aquí nos tedes xogando coas mates. Agora mesmo xa estamos en disposición de colocar cartas seguindo a recta numérica, contando cantidades, fixándonos no anterior e posterior....o que aínda non logramos é repartir as mesmas cartas para cada membro do grupo, pero daremos 💪
martes, 14 de febrero de 2017
San Valentín.
Entre o cocido de Lalín, que o temos ás portas, e o San Valentín...naceu o porco de San Valentín para comer con amor nas casas.