Este ano voltamos a traballar ao artista Gustav Klim, pero neste caso o que imos é a fixarnos nas flores que emprega nas súas obras tanto para ornamentar a mulleres como para pintar campos, prantas.... unhas flores un tanto peculiares redondas e coloridas.
miércoles, 29 de marzo de 2017
viernes, 24 de marzo de 2017
O nome.
Os peques seguen a traballar co nome dándose conta de que teñen letras, e de que non todos os nomes teñen o mesmo número de letras. Esto xa o sabíamos de xeito cualitativo e, agora que sabemos contar e empezamos a ordear por cantidades ... traballamos o nome de xeito cuantitativo.
Novas bandexas.
Agora bandexas máis complexas. Creamos bandexas de maior complexidade nas que na maioría se require de ter xa uns contidos adquiridos ( cores, números, posicións espaciais, cantidades,....) outras conlevan máis de unha acción consecutiva e/ou complementaria e outras, como a de pesar ( volumen-masa)ou a de o espello, requiren de certo exercicio de lóxica e de ensaio - erro.
jueves, 16 de marzo de 2017
Traballando as decenas con novo material
Conseguimos un retroproxector para as aulas de infantil. Con el podemos facer cousas tan atractivas como esta: proxectar na pizarra cantidades numéricas contando a partir das decenas.