Como xa sabedes de cada trimestre fixemos un libro resumo do traballado. No primeiro estivemos por Lugo, concretamente polo Courel. No.segundo trimestre fomos a Ourense, no entroido, e a Pontevedra (Tuy) polos maios (este libro está indo agora polas casas). Quédanos pois a provincia de Coruña da que imos a «visitar» a súa costa. Neste caso, en vez de un libro, imos facer un cadro xigante. Así nos está quedando.
martes, 23 de mayo de 2017
martes, 16 de mayo de 2017
Conmemoración Letras Galegas
Hoxe pola tarde fixemos un pequeno festexo sobre as obras de Carlos Casares. Uns recitaron, outros cantaron e outros escenificaron. Aquí vos deixamos aos máis peques.
Como dixo Carlos Casares....
Para gustos fixéronse cores. Este é o transfondo e a frase clave do conto a galiña azul.
En base a ela ... Aquí están as nosas galiñas azuis, todas diferentes pero todas válidas e igual de fermosas.
martes, 9 de mayo de 2017
Adiviña o número.
Adiviña que número tes na cabeza coas pistas dos compañeiros.....que número está antes, cal despois, cantas decenas ten, cantas unidades,...
viernes, 5 de mayo de 2017
Letras Galegas 2017
Deixamos aquí dous códigos qr que podedes ler con outro móbil (está feita a proba) e descargar para traballar na casa cos vosos peques a biografía de Carlos Casares e un crebacabezas do conto da galiña azul, que xa empezamos a traballar nas aulas de infantin
jueves, 4 de mayo de 2017
Abril mes dos libros
Despedimos o mes de abril, que é o mes dos libros , con unha actividade de lectura compartida no exterior.
Novo material.
Fixemos unha inversión nunha recta numérica tamaño xigante e un cadrante do cen similar, todo en material resistente. Agora multiplicáronse as actividades a realizar