Hoxe tivemos unha visita na aula, un ourizo cacho que nos trouxo Beatriz a dos autobuses. Poidemos ver como se movía, como comía mazá, probar canto pinchan as súas púas, e ata ver cómo fixo pis na mesa.
Os compis de primeiro sabían moitas cousas sobre este animal, que viñeron a contarnos.
Finalmente, devolvimos o ourizo ao seu hábitat, soltámolo nun prado, preto das árbores.
martes, 29 de mayo de 2018
Ourizo cacho
viernes, 25 de mayo de 2018
miércoles, 23 de mayo de 2018
Avespa velutina.
Hoxe tivemos unha maña un tanto distinta. Falamos sobre a praga da avespa velutina e como tentar eliminala. Vimos videos dis niños, como facer unha trampa... e observamos as avespas dunh trampa ( tamaño, outros bichiños que caeron...). Finalmente construimos a nosa, colgamámola no camelio e debuxamos o que aprendemos.
Agora guiarse polos pequenos e construír a botella-trampa para o xardín.
miércoles, 16 de mayo de 2018
Letras Galegas.
Para celebrar o Día das Letras Galegas, ademais das lecturas feitas esta semana dos contos de María Victoria Moreno,... Hoxe máis contiños e...obradoiro de chapas. Para ver máis entrade o blog da biblioteca http://vicenteariasdelamaza.blogspot.com.es/
martes, 15 de mayo de 2018
Traballo por zonas.
Palabras na mesa de luz, acuarelas (debuxo libre) mesa de auga conteo de corchos, cobstruccions e perruquería... Son algúns dos traballos por recantos de estés días
Robótica e matemáticas.
E seguimos traballando conceptos matemáticos mentres comparamos aos nosos robots. Peso, ancho, altura, velocidade ...
viernes, 11 de mayo de 2018
lunes, 7 de mayo de 2018
Contando e sumando.
Os de tres contando e comparando, e os de cinco iniciándose na suma, con pezas de unidades e coas regletas.
sábado, 5 de mayo de 2018
Tolerancia, respecto, igualdade,...
Como tódolos anos, e este máis que nunca, polo noso proxecto...traballamos a tolerancia, respecto, igualdade,....fronte aos colectivos gays, a homosexualidade,...lembramos que este fin de semana é o " Cocido do orgullo"
miércoles, 2 de mayo de 2018
Roteiro de actividades
Tres propostas para os pequechos na mesma mesa.
Manter a orde, esperar cambio de posto, compartir, ... Ademais de contidos matemáticos, de lectoescritura, coñecemento do medio,..
Manter a orde, esperar cambio de posto, compartir, ... Ademais de contidos matemáticos, de lectoescritura, coñecemento do medio,..
Suscribirse a:
Entradas (Atom)