sábado, 10 de noviembre de 2018

Despedida?

Estamos replantexándonos a continuidade do blog a causa da nova lei de proteción de datos. De feito a día de hoxe a vida na nosa Biblio e das nosas aulas está en Instagram pero con conta privada de entrada única a pais e mestres do cole.
Como temos morriña do blog é probable que en días voltemos a editar pero, desta vez, sen fotos de cativos, que son os que reflexan o resultado do noso traballo. Unha mágoa. Grazas

viernes, 5 de octubre de 2018

Conto contigo

Logo de mostrar o proxecto " conto contigo" na reunión trimestral de infantil, ás familias... E de deixarvos no blog algún vídeo ilustrativo do traballo... Poñemos foto resumo dos materiais.

jueves, 21 de junio de 2018

Acabouse, un aniño máis.

Aquí deixamos as fotos de orla para que poidades imprimir máis copias e tamén as de festival fin de curso.
So desexarvos un bo verán e agradecer a colaboración. Vémonos en setembro.

lunes, 11 de junio de 2018

Kappla

Xogo de concentración máxima e de destreza manual e visual co kappla.

A corva.

Hoxe na biblioteca do cole... Espectáculo a cargo de Cristina Collazo " a corva". Pasándolo xenial, grande actriz contacontos.

viernes, 8 de junio de 2018

Obradoiro de creatividade.

Arranca, na aula de infantil, o taller de creatividade. Materiais diversos manipulables, espacio, tempo,... Todo conta para a posta a punto do noso obradoiro de creatividade. Nel, unhas veces dirixido e outras libremente, poñeremos a probar a nosa creatividade con creacións de diversas obras de arte.