miércoles, 2 de octubre de 2013

TRABALLAMOS NA HORTA

Aproveitando que non chovía saímos traballar a horta. Estivémola enchendo coa terra que trouxeron os cativos da casa. Cada día temos máis, pois coa aportación de todos conseguiremos tela preparada para poder sementar. MOITAS GRACIAS AS FAMILIAS!!!!!!! Este traballo sen vós non sería posible!
Ademais de estar preparando a horta demos un paseo por detrás do colexio e....atopamos unha froiteira pechiña de ameixas! Recollémolas e comémolas no comedor. Aquí deixamos a mostra!

martes, 1 de octubre de 2013

OS NOMES DA CLASE DE 5 ANOS

Hoxe estivemos traballando coa plastilina. Moldeamos letras, números... e compuxemos o noso nome. Deste xeito ademais de traballar a lecto escritura, a plastilina permite estimular o sentido do tacto, a creatividade, a destreza ...

Xa somos máis na clase.

Como este ano traballamos en torno á agricultura familiar chegaron novos " amigos" ao noso cole: a familia pataca. Con ela divertirémonos, aprenderemos o esquema corporal, fortaleceremos a motricidade fina e a coordinación oculo-manual, traballaremos en equipo, compartiremos,... Amosámosvos a estes novos compañeiros.

O que se respira nas nosas aulas.

Isto é o que estamos a traballar nas nosas aulas relacionado co outono e a agricultura. Estamos facendo un espantallo e comparandoo co noso corpo, xogando coas follas de outono, diferenciando as cores e formas das follas, clasificándoas,...