miércoles, 16 de octubre de 2013

Ordeando cabazas.

Gracias ás familias por enviarnos cabazas ao cole. Nos talleres dos venres empezaremos a valeiralas para preparalas para o Samaín. Mentres tanto manipulámolas, observámolas, falamos do que terán dentro, cheirámolas,... e hoxe ordeámolas.
Os de 3 e 4 anos ordeamos de maior a menor ata cinco cabazas e o alummado de 5 anos  ata doce.
Estes días iremos polo corredor contando de un a doce e repetindo a serie amarelo- verde.

martes, 15 de octubre de 2013

Máis momentos de traballo por recunchos. Traballo compartido.

Aquí vos deixamos máis fotos de traballo por recunchos. Mentres uns fan puzzles relacionados co corpo outros traballan na cociña da aula co millo nun exercicio de motricidade fina, coordinación óculo manual e precisión. Ao mesmo tempo varios nenos e nenas comparten contidos no ordenador e outros traballan na biblioteca da aula coas letras móbiles e palabras relacionadas co millo.
Por último deixamos unha simpática foto de dous alumnos poñendo bigotes, pola súa conta, para que vexades canto deu de sí o millo.

viernes, 11 de octubre de 2013

Debullando no millo!!!

Hoxe nas dúas aulas de infantil estivemos a debullar no millo. Iste é un exercicio de motricidade fina moi bo. Ademais traballamos contidos relacionados coa agricultura e vocabulario como escarochar, debullar, espiga raíña..
O alumnado de cinco anos tamén pesaron na balanza os grans de millo.
Na vindeira semana seguiremos con estas tarefas e algunha máis, faremos o xogo de raíña, poñeremos bigotes coas barbas do millo, poñeremos ao espantallo as mans e pes de folla de millo, daremos de comer ao polo Pepe ...

jueves, 10 de octubre de 2013

COMEZAMOS COS TRABALLOS DA HORTA!!

ONTE POLA TARDE COMEZAMOS A TRANSPLANTAR COLIFLORES E REPOLOS. FIXÉMOLO MOI BEN: SACHAR, COLOCAR AS HORTALIZAS, TAPAR E REGAR. AGORA MIRAMOS TODOS OS DÍAS COMO MEDRAN E COIDAMOS QUE NON PASEN SEDE.AH, POR CERTO!! O ESPANTALLO AXÚDANOS A VIXIAR.