martes, 29 de octubre de 2013

Máis momentos nos recunchos.

Estas son as actividades que, por recunchos, realizamos na aula esta semana.  Sempre temos presente os centros de interese que estamos a traballar e o proxecto da agricultura. Nestas imaxes podedes ver aos vosos fillos peneirando fariña e millo co cribo e a peneira, pescando noces e pébedas das cabazas, estampando palabras relacionadas co Samaín, con tampóns de letras, facendo puzzles de encaixe ou manexando o ordenador.

viernes, 25 de octubre de 2013

Sementando ravos!!!

Que ben o pasamos hoxe e canto aprendimos sobre os ravos. Primeiro cada clase investigou,nun libro sobre agricultura para nenos, como  sementar ravos, lemos e falamos sobre como e canto regalos, como facer que sexan máis picantes, como é a súa folla, o froito e, o que máis nos gustou, os bichiños que comen os ravos e estropéanos a colleita.
Logo sementamos tres sementes cada neno e nena nos seus vasiños, que por certo, as familias decorástedelos moi bonitos.
Agora témolos nun lugar moi visible da clase para coidalos e velos medrar.

jueves, 24 de octubre de 2013

Mans å obra!!!

Esta semana nos recunchos traballamos arreo! Na casiña baleiramos as cabazas para o Samaín,  na expresión plástica estamos facendo unhas árbores de outono moi bonitas.
Non esquecemos a lectoescritura, pois seguimos a escribir palabras relacionadas coa horta, o outono,...
Aquí deixamos fotiños do noso día a día.