Para elaborar a árbore de Nadal as mestras de infantil pedimos aos nenos/as que ata o nove de decembro traian ao cole tubos do papel hixiénico pintados de verde.
O alumnado de cinco anos xa levou hoxe a nota que eles mesmos escribiron, unha boísima idea, ian máis contentos coa nota...!!!.
lunes, 18 de noviembre de 2013
Creando as notas para a casa.
viernes, 15 de noviembre de 2013
Tarde de magosto.
Hoxe celebrámolo magosto. Esperamos que, ademais das castañas que cada neno levaba no bandullo, chegaran a todas as casas castañas asadas polo panadeiro, ricas e quentiñas.
miércoles, 13 de noviembre de 2013
Variedade de actividades.
Seguimos a proporcionar ao noso alummado actividades diversas, motivadoras, coas que poidan compartir experiencias, coñecementos, que potencien a imaxinación, a búsqueda de resolución de problemas, as habilidades de pensamento. Que traballen dende un enfoque que agrupa distintas perspectivas, que aprendan a compartir, a respectar, que forme mentes abertas que escapan da rixidez...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)