Os encargados do día, ademais de poñer o día da semana e do mes, de poñer nun panel quen esta na casa e quen na escola, de repartir os nomes dos nenos, axudar á mestra, conducir o tren nas entradas e saídas,.... agora tamén ten que poñer, neste panel que vos amosamos, o seu nome, o número de letras do mesmo e, na parte de dentro do panel facer un debuxo del ou dela escollendo ollos, pelo, nariz, .... e debuxar con xiz o corpo. Así afianzemos o esquema corporal. ENCANTANOS.
viernes, 22 de noviembre de 2013
miércoles, 20 de noviembre de 2013
Casualidade.
Cando estivemos debullando, algún gran de millo caeu nun sementeiro que tiñamos con terra na aula. Por outro lado cando apañamos noces no patio unhas poucas quedaron nun caldeiriño na clase.
Pois.... casualmente fixámonos e do gran de millo naceu unha plantiña e da noz a raíz do que será a árbore. Aproveitamos para estudiar as partes dunha planta.
Plantamos no baño.
Esta semana puxemos platamos plantiñas no baño. Agora temos que coidalas e respectalas, non regar moito, non encher de xabón, non tocalas nin tiralas,.... A sensación de hixiene que crean, o respecto polas cousas, a estética, orde, ....
Levamos tres días con elas e o resultado é moi bo.
lunes, 18 de noviembre de 2013
Creando as notas para a casa.
Para elaborar a árbore de Nadal as mestras de infantil pedimos aos nenos/as que ata o nove de decembro traian ao cole tubos do papel hixiénico pintados de verde.
O alumnado de cinco anos xa levou hoxe a nota que eles mesmos escribiron, unha boísima idea, ian máis contentos coa nota...!!!.