Como o resto do ano seguimos a traballar por recunchos. Nestas datas os nosos recantos toman aires de Nadal e inverno.
jueves, 5 de diciembre de 2013
martes, 3 de diciembre de 2013
Xía na horta de infantil!!!
A nosa horta polas mañás esta xiada ou como dixo algún neno " a horta ten neve" . Como temos que coidar as nosas hortalizas, logo de explicarlle aos nenos o dano da xiada na horta tapámola cunha " manta " xa propia para protexer da xiada. Así fixemos e así quedou. E así de ben o pasaron os miudos xogando a agocharse baixo a manta e facendo que eran un tren de pantasmas :-)
Por iniciativa propia
Aquí vos deixamos a María e Rubén que, por iniciatica propia, puxéronse a tender a roupa na corda onde a profe colga as fichas de pintura. Parecían o perfecto matrimonio, María dáballe a roupa e Rubén colgaba. Tanto nos gustou ás mestras que dende agora queda inagurado o tentedeiro do aula no recuncho da cociña, e na aula de tres e catro anos faremos outro, un moi bo exercicio de motricidade fina.Si é que os ricóns... dan moito de si e a imaxinación e o xogo simbólico dos peques Nin vos contamos.
lunes, 2 de diciembre de 2013
A familia e o Nadal.
Este é o fermoso recunchiño das familias do alumnado de cinco anos que estivo presente na aula durante o mes de novembro. O certo é que os papás e mamás colaboraron moito e os nenos e nenas sentíronse moi orgullosos e motivados amosando á sua familia e aclarando os parentescos.
Agora os murais das familias decorarán o corredor de infantil xunto cos dos nenos de tres anos. Pero seguiremos a telos presentes xa que, o próximo centro de interese, o Nadal, está moi relacionado coa familia.
Novamente graciñas por colaborar.