jueves, 18 de septiembre de 2014

Canto pesa a ra de Antía?

Experimentado a sensación de peso e facendo xuizos de valor.
Na man ou na cabeza sentimos se pesa moito, pouco. Para a maioría e, con razón, pesaba moito.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Unha poza artificial.

Coas primeiras pedras e as primeiras ras que chegaron ao cole estamos a facer unha pucharca artificial onde, os máis cativos meteron tamén insectos.
Según nos mandedes máis ras seguiremos a encher a poza.  Mañá aos de cinco anos tocaralles poñerlle tamén un gran nome á maqueta que entre as dúas aulas andamos a elaborar.

martes, 16 de septiembre de 2014

Traballando na poza.

Como xa saberedes pola nota enviada ás familias, empezamos a facer unha poza no colexio. O traballo é complexo xa que hai moita terra para quitar, por iso o papá de Olaya, unha nena de primeiro, vai a vir coa súa pala e vainos axudar a afondar a poza.

sábado, 13 de septiembre de 2014

A POZA

Como xa sabedes este curso 2014/15 imos a traballar no noso centro os ecosistemas.
O alumnado de infantil traballará a poza. Ademais seguiremos coa hortiña iniciada o curso pasado, solo que este ano, no canto de hortalizas, plantaremos especies como pirixel, orégano, azafrán,...
Deixámosvos unhas primeiras fotos da entrada na escola e, a partir do luns 15 iniciamos o traballo no proxecto, poderedes seguirnos semanalmente no blog.
Esperamos os vosos comentarios.