E ademais de coidar a hortiña e a poza tamén coidamos as plantiñas da aula, así de bonitiñas as temos!!!
sábado, 22 de noviembre de 2014
Conferencia de Marcos Rodríguez Pantoja.
Como xa sabedes onte tivemos a ocasión de coñecer e escoitar a Marcos Rodríguez Pantoja, o señor que de cativo se criou entre os lobos. Esta semana na aula estivemos a ver algunha curta sobre el e sobre a película "Entre lobos" e a traballar na libreta voa súa foto e o seu nome . Na súa conferencia ensinounos, entre outras cousas como facía o son de moitos animais.
Tarde de poza e horta.
Aproveitando o bo tempo, o xoves pola tarde estivemos na horta mondando as patacas que naceron de sementalas o curso pasado e poñéndolle no pe follas secas para evitar a xiada e as malas herbas.
Ademais tamen naceron moitas leitugas lisas e escarolas da semente do curso pasado, estivemos a ralealas e transplantalas.
Limpamos a poza de follas secas e observamos as tartarugas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)