Na biblioteca do noso centro temos unha escultura dun artista da nosa zona, concretamente de "Willy de Botos". Dita escultura, xunto con fotos e información irá mudando, de xeito que pasado un tempo a escultura irase e virá outra, unha charla informativa....
O alumnado de infantil imos a aproveitarnos desta riqueza que se nos ofrece para traballar a arte astracta, técnicas plásticas diversas, arte musical ( da que Willy tamén se alimentaba),...
Aquí vos deixamos os primeiros pasos neste proxectiño.
viernes, 16 de enero de 2015
Traballando a arte e un artista.
Bingo....!
Como xa viñamos facendo no primeiro trimestre, os xoves pola tarde na aula de 4-5 anos xogamos ao bingo de letras, números ou figuras xeométricas. Inaguramos o trimestre con un bingo co que traballamos as cores e, moito, a atención.
Viñeron os reis.
Canto voltamos ás aulas había unha sorpresa, viñeran os reis magos!! Montamos os xogos e xoguetes e esta semana, por recunchos, fixemos uso deles para aprender xogando.
lunes, 12 de enero de 2015
Aprendendolerendo P
Este é un libro lim que, gracias á axuda prestada polos meus compañeiros Pedro e Fátima, poiden dar formato as miñas ideas.
Tras un longo traballo de Lectura Global feito no aula cos cativos de tres e catro anos agora damos o paso á sílaba e, posto que no cole contamos con pantaia dixital e tablet parece unha boa idea dixitalizar o traballo.
Neste libro lim pódense atopar palabras que non están separadas en sílabas correctamente ( como por exemplo to-u-pa no canto de tou-pa; ou sa-l en lugar de sal) Tamén se pode atopar mesturado palabras en galego e castelán. Isto é intencionado xa que o que buscamos é que o alumnado recoñeza os grupos silábicos e os fonemas que ata agora traballamos na aula. Ademais está axustado ás necesidades específicas do alumnado da nosa clase en concreto.
O feito de ter este material no blog permite ás familias ter acceso a el para reforzar o traballo na casa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)