miércoles, 4 de marzo de 2015

Aula de artistas.

No que queda de trimestre imos traballar a arte no seu amplo sentido. Arte musical, pintores, escultores, algo de historia da arte, ....
Aquí vos deixamos uns traballiños sobre o conto "Moncho e a mancha" e o descubrimento das acuarelas.

Títeres en Lalín.

Onte fomos a Lalín a unha sesión de títeres muy bonita sobre a obra Pedro e o lobo. A  historia ía parella á preciosa música de Sergéi Prokófiev.

sábado, 28 de febrero de 2015

Tarde de horta.

Aproveitando que hoxe non choveu estivemos, xunto cos de primeiro, traballando na horta, plantando amorodos e leitugas.