martes, 6 de octubre de 2015

Comezan os recunchos.

Esta semana empezamos a adicar un momento do día a traballos por recunchos. O longo da semana todos pasarán por cada recuncho e fará a actividade que está prevista para ese sitio. Todas as actividades propostas están relacionadas cos contidos traballados no aula, na asemblea, no traballo en mesa, .... Pero a realizarán dun xeito manupulativo, lúdico e en pequeno grupo.

Seguimos a traballar como campeóns.

Seguimos a adicar un tempiño do día a traballar en mesa. Os de cinco anos eles soliños, os de catro gañando autonomía e os de tres empezando a aceptar normas, manterse sentados, rematar actividades e manexar material novo.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Plantando.

Como o tempo está moi bo, saímos ao patio a transprantar unha pranta moi singular, xa que pode estar aberta ou pechada varias veces ao día en función da claridade que teña. Agora a observala e esperar a que prenda.

Gañando autonomía.

Empezamos xa a facer traballos en gran grupo cos de 3 anos solos, e traballos individuais cos de 4 e 5 anos que,como xa son "maiores", teñen que ir gañando autonomía no traballo e facer as cousiñas sos ou con pouca axuda.
Cos de 3 anos fixemos hoxe un dominó. Logo de perder a metade deles as fichas, de intercambialas, de un que marcha do grupo e outro que se pon a xogar con coche... Por fin o conseguimos. Mañá a repetilo. Cando teñan un coñecemento do material e do xeito de empregalo tamén adquiriran autonomía, alomenos en pequeno grupo.