Estes días andamos a diferenciar os froitos de outono e a clasificar os secos e os carnosos.
martes, 13 de octubre de 2015
viernes, 9 de octubre de 2015
Ourizos cachos.
Hoxe, como todos os venres ás tardes, taller na aula de plástica.
Esta semana ouriciños cachos para que coman as mazás nas casas e escorregen aos ratos.
Practicando coas tesoiras.
Pois aquí nos tedes aos de 3 aniños coas tesoiras nas mans. Non vou a negar que é un dos momentos que, despois de 16 anos, aínda me pon nerviosa. Nesta ocasión os pelos van intactos pero os paraugas a cortar...
jueves, 8 de octubre de 2015
Presentámosvos a Gina.
Ola familias, esta é Gina, a auxiliar de conversa. O alumnado de 4 anos goza da súa presenza nunha sesión semanal na aula de inglés xunto coa profe Mabel.
No caso de infantil de 3 e 5 anos Gina estará connosco todos os xoves á última media hora do día. O propósito é que os nenos lle falen en castelán e ela resposte únicamente en inglés. Hoxe foi o primeiro día e dou fe de que os peques de 5 anos agudizaban o oído e das respostas que Gina daba a preguntas como...Q che gusta comer, cantos anos tes, tes mascota,... Os nenos entendían palabras como pizza, dog, ...