lunes, 9 de noviembre de 2015

A cabeza.

Estas son algunhas das creacións plásticas sobre a nosa cabeza. Hainas de todas as idades. Segundo imos interiorizando contidos así os plasmamos.

jueves, 5 de noviembre de 2015

Con Gina tamén aprendemos contidos do corpo en inglés.

Como xa sabedes media horiña os xoves temos na aula a Gina, a auxiliar de conversa. Hoxe preguntámoslle por nomes de partes do corpo, logo ensinounos unha divertida canción sinalando partes do moso corpo e nos agasallámola con outra canción coa mesma temática pero en galego.

Recunchos do corpo.

Esta semana.... Na biblioteca de aula traballando a observación cun dossier de caras de diferentes personas, buscando atributos que se indican. No rincón dos artistas traballando o coloreado cunha ficha dun corpo humán. E nos crebacabezas tamén co corpo, vestindo a unha boneca imantada ou montando osiños divididos en partes do corpo.

Traballando contidos matemáticos.

O número 1 e 2, formas xeométricas, cores, serie de 2 elementos... Con todo isto andamos do xeito máis globalizado posible e adaptado ás dúas idades do aula.